A Corporación Municipal de Negreira, convoca unha sesión de carácter extraordinaria do Pleno que terá lugar, o luns día 12 de abril, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello, conforme á Orde do día seguinte:

 

1º.- Aprobación provisional, se procede, da modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles.

2º.- Aprobación provisional, se procede, da modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica.

3º.- Suspensión, para a anualidade 2022, do cobro da taxa pola expedición de documentos administrativos.

4º.- Suspensión, para a anualidade 2022, da ordenanza fiscal reguladora da taxa por control do exercicio de actividades ou servizos suxeitos a licenza, comunicación previa ou declaración responsable.

5º.- Aprobación provisional, se procede, da modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por recollida de lixos.

6º.- Suspensión, para a anualidade 2022, da taxa pola entrada de vehículos a través de beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.

 

powered by social2s

Infórmase á veciñanza que debido aos traballos de limpeza anual do depósito xeral de auga potable de Negreira, o venres 9 de abril dende as 23:00 horas até as 6:00 horas do sábado 10 de abril, vaise a proceder a un corte na subministración de auga en toda a rede municipal de abastecemento.

 

Prégase desculpen as molestias que poidan ocasionarse, pois a rede considerarase en presión a tódolos efectos.

 

Para calquera dúbida poden chamar aos seguintes números de teléfono: 981 881 569 e 626 986 941 do Servizo Municipal de Augas.

powered by social2s

As persoas que desexen facer a Ruta dos Tres Pazos de Negreira dispoñen agora de varias alternativas para o seguimento do trazado. O Concello de Negreira ven de actualizar a sinalización da ruta con sinais verticais, complementadas coas marcas de pintura, coas cores estándar branca e amarela. Por outra banda, tamén é posible seguir a ruta con teléfonos móbiles intelixentes e outros dispositivos con GPS, co trazado dispoñible na páxina de Wikiloc.

 

Esta ruta circular discorre ao longo de 15,5 Km con saída e final no campo da feira da vila, cunha dificultade media-baixa, apta para familias e amantes do sendeirismo. No seu percorrido, as persoas visitantes poden achegarse aos tres pazos máis significativos de Negreira: o Pazo de Baladrón (en Ponte Maceira), o Pazo de Albariña (na Chancela) e o Pazo do Cotón, na propia vila. Ademais, a ruta fai gozar os sentidos pasando por espazos únicos como o paseo fluvial do Barcala e o paseo da Restreva, o refuxio de pescadores de Covas, Pedra Mámoa, o monte Bergando, o bosque de Quenllo, parte do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía e a sempre fermosa Ponte Maceira, incluída na prestixiosa listaxe de “Los Pueblos Más Bonitos de España”.

 

Unha boa opción para facer a ruta son os domingos, xa que as persoas que se acheguen poderán mergullarse na Feira de Negreira (tódolos domingos pola mañá), descubrindo tamén o comercio, a hostalaría e a gastronomía locais.

 

Preme aqui para descargar o díptico en PDF (DORSO)

Preme aqui para descargar o díptico en PDF (ANVERSO)

 

Concurso fotográfico "Semana Santa e natureza"

O Departamento de Turismo coa colaboración da empresa WE are B (deseño e merchandising) lanzan un concurso fotográfico para promocionar e por en valor os lugares máis fermosos e/ou singulares de Negreira, como a Ponte Maceira, Pazo do Cotón, etc... aproveitando estos días propicios para estar o aire libre desfrutando do entorno natural.

 

O concurso consiste en facer unha foto nos distintos lugares do noso concello e enviala o email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., dende o xoves 1 de abril ata o luns 5 abril ás 15:00 h. A mellor fotografía levará de agasallo un "kit de sendeirismo" composto por unha mochila, gorra, cantimplora, palo de selfie e pegatinas.

 

Cada persoa poderá enviar un máximo de tres fotografías para participar.

 

O xurado dará a coñecer o gañador o martes 6 de abril e as fotos serán publicadas nos distintos soportes dixitais do Concello de Negreira.  

 

powered by social2s

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Negreira retoma o martes 6 de abril, as súas actividades para as familias cunha obra de clown, ás 18:00 horas na entrada ao Centro Sociocultural da vila.

 

Trátase da representación "A verdadeira historia de Hamelín", a cargo de Mere Clown. Para asistir é necesario reservar praza no número de teléfono seguinte: 607 153 604

powered by social2s

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe, as Bases para a convocatoria de axudas municipais de emerxencia para cubrir as necesidades básicas como consecuencia da situación de vulnerabilidade provocada pola crise económica da Covid-19. Ao non terse presentado reclamacións, quedan aprobadas definitivamente.

 

O Concello de Negreira, como a administración máis próxima á cidadanía, non pode ser descoñecedor da crise económica pola que están pasando numerosas familias derivadas das restricións impostas pola Covid-19, e na medidas das súas posibilidades e competencias debe tomar medidas de axuda aos sectores afectados.

 

powered by social2s