recepcion11.jpgOs membros do Club Atletismo Negreira e mailo maratoniano Jorge Crespo Arias, deportista cunha dilatada traxectoria no atletismo, foron agasallados cunha recepción oficial polos seus éxitos deportivos por parte do Concello de Negreira, este luns 21 de xaneiro, nun acto que contou coa presenza do alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, mailo primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez; a concelleira de Educación, María Jesús Veiga Hortas, e maila concelleira, María del Mar García Vidal, responsable da área de Emprego e Muller.

 

recepcion22.jpg

 

Xunto co seu adestrador, José Manuel García Estévez, participaron na recepción, deportistas como Alba Cuns Iglesias, flamante campioa galega absoluta de triple salto de lonxitude en pista cuberta, ou Alba Pérez Nieto, medalla de bronce xuvenil no Campionato Galego de Marcha, esta pasada fin de semana, ademais dos irmáns Rubén e Carlos Martínez, Abelardo Soler, Roberto Tuñas, Samuel Lema, Paula Cantelar, Laura Barbosa, Corine Alsine, Inés Túñez ou Gonzalo Cuns, entre outros. A todos eles, fíxoselles entrega dunha prenda deportiva.

 

Jorge Tuñas Caamaño congratulouse dos continuos éxitos acadados nos últimos anos polos atletas de Negreira e comarca, de tódalas idades e en varias disciplinas, e dixo: «Non é fácil que un deporte xunte a tantas xeracións distintas como temos hoxe aquí, pero todos, en maior ou menor medida, contribuides a que o atletismo sexa cada vez máis coñecido e practicado no noso concello», ao tempo que destacou que o atletismo iniciouse grazas á Carreira Popular «e por suposto, ao traballo constante e exisente de José Manuel García Estévez e todas as persoas e empresas que apoian este clube», manifestou o alcalde.

 

recepcion33.jpg

 

O rexedor municipal salientou que están traballando co Club Atletismo Negreira para dotar dunha instalación aos atletas na chaira acondicionada no Parque Empresarial: «Estamos intentando conseguir unha mínima instalación para velocidade e salto nestes meses que quedan de lexislatura. O ideal sería acompañar esa recta con distintas calles cun circuito para adestrar», sinalou.

0
0
0
s2sdefault