duendeneta.jpg

 

Co obxectivo de dar a coñecer dun xeito ameno e didáctico a música feita en galego, presentouse a xira Os Camiños das Músicas Galegas que ofrecerá A Duendeneta, unha orixinal music truck que percorrerá o Camiño de Fisterra e Muxía, o francés e a Vía da Prata durante os meses de xuño e xullo.

 

Trátase dun proxecto de difusión cultural que naceu o ano pasado e que percorre concellos do Camiño de Santiago co obxectivo de dar a coñecer a música galega e feita en galego. Nesta nova edición, a furgoneta móbil viaxará ao longo do meses de xuño e xullo por diversas prazas e vilas, ofrecendo ata 32 sesións musicais de carácter didáctico, que mostrará a historia da música da nosa comunidade.

 

O encargado de exercer como DJ de esta iniciativa é o xornalista Carlos Crespo, quen estará a cargo das sesións musicais, cunha duración aproximada de hora e media ou dúas horas de duración, coas que achega a música de galegos e en galego aos peregrinos que percorren o Camiño, cunha selección musical coa que percorrerá toda a historia musical galega, desde Andrés Dobarro ata as Tanxugueiras.

 

A Duendeneta percorrerá os concellos de Fisterra, Muxía, Corcubión, Cee, Negreira no Camiño de Fisterra, o que permitirá que a veciñanza de Negreira poida desfrutar desta orixinal discoteca móbil vintage, mesturándose durante as sesións cos propios peregrinos.

powered by social2s