portada.JPGFoi inaugurada na Casa da Cultura, a exposición sobre a vida de Francesc Boix, o fotógrafo de Mauthausen, que a través de vinte paneis informativos e un vídeo explicativo, a cal pódese visitar na sala de exposición da Casa da Cultura, ata o vindeiro 28 de abril. No acto participou o alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, quen agradeceu a colaboración prestada pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica para achegar a veciñanza de Negreira e comarca, a exposición que narra coma o prisioneiro de Mauthausen e fotográfo catalán, axudou a documentar coas súas fotografías o horror sufrido nos campos de concentración nazis. Unha historia que foi levada ao cine, coa estrea a finais de 2018 da película que conta a súa vida e obra.

 

Tuñas Caamaño apuntou a que estamos ante unha exposición «que serve para tomar conciencia do que pasou e, que non se volva a repetir semellante cousa, sobre todo cando aínda hoxe en día hai representantes da política que poñen en dúbida que isto que vemos aquí pasáse, polo que temos que ter se cabe aínda máis conciencia do que pasou, do que se fixo, e do que non debe facerse nunca máis».

 

O mandatario convidou á veciñanza a asistir á conferencia que este mércores 10 de abril, ás 20 horas, vai a ofrecer a investigadora María Torres, sobre a investigación sobre os deportados ós campos de concentración nazis.

 

Foto1.JPG

 

Pola súa banda, Carmen García-Rodeja, da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, fixo fincapé en que cando lle poñemos cara e nome aos deportados «tamén lle poñemos lingua, pois falan en galego, son veciños de aquí, recordaban a súa terra, e o importante é que se poida visibilizar que eran galegos», subraiou.

 

A representante da ARMH tamén falou sobre o trato vexatorio aos deportados: «Nos campos de concentración, pasaron a ser exterminados, porque o campo de Mauthausen, que non era un campo de exterminio, eran exterminados ao ser sometidos a un traballo durísimo, pois traballaban na canteira, sufrían fame, inxeccións de gasolina, cámaras de gas, e algúns non podían aguantar máis e tirábanse ás alambradas».

 

Foto2.JPG

 

Na inauguración da mostra sobre Boix, tamén interviu Juan Carlos, sobriño dun deportado galego aos campos de concentración nazis, concretamente, natural da localidade de Ézaro, no concello de Dumbría. Juan Carlos, quen relatou a historia dos seus dous tíos, nun relato que data do 17 de outubro de 1937 cando trece homes baixaron do monte do Pindo para fuxir nunha lancha. Juan Carlos escribiu un libro que narra todo o acontecido.

 

O acto pechouse coa interpretación de pezas musicais cantadas en francés polo grupo A quinta.

 

A quinta.JPG

0
0
0
s2sdefault