Do 1 de xullo ao 12 de setembro permanecerá aberto o prazo de matrícula para o curso 2019/2020 na Escola Municipal de Música, que como novidades incorpora a especialidade de acordeón e unha nova modalidade de matrícula de clases grupais para todos aqueles que non estedes interesados en vir ás clases individuais. Coro, clases grupais de acordeón e tamén gaita e percusión tradicional, a un prezo mensual reducido (10 € ao mes).

 

Os interesados en clases individuais de gaita, acordeón e canto, tamén terán incluidas, dentro do prezo da modalidade, as clases grupais, igual que nos demáis instrumentos.

 

O alumnado que xa pertence á Escola xa pode formalizar a matrícula, ben na Biblioteca municipal en horario de tarde, ou a través da páxina web da escola: www.esmusnegreira.com.

 

A presentación do novo curso e dos horarios terá lugar o venres 13 de setembro, ás 18:00 horas no auditorio da Casa da Cultura.

0
0
0
s2sdefault