Foto SAF 2

 O Concello de Negreira súmase ás reivindicacións do Día da Muller para esixir unha sociedade na que mulleres e homes teñan os mesmos dereitos. Unha sociedade máis igualitaria.....

Este ano, o Concello de Negreira conmemora esta xornada coa creación dun mural para poñer en valor o imprescindible traballo das mulleres que compoñen o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Negreira, equipo que recibe este ano o Premio 8 de Marzo.

 

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, e maila primeira tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, María del Mar García Vidal, foron os encargados de entregar este premio o pasado sábado durante o pintado do mural conmemorativo no colexio do Coto, nun acto que contou tamén coa participación de Rubén Suárez Carballo e María José Carballo Villar, do Partido Popular. Dende o Goberno municipal salientan que este ano se fai máis «importante» se cabe este recoñecemento polo labor diario que realizan as traballadoras do SAF.

 

A pandemia puxo o foco na importancia dos coidados, nos que a presenza feminina é imperante. As traballadoras do SAF do Concello de Negreira coidan cada día daquelas persoas que máis o necesitan, un labor vital para poder garantir o benestar social.

 

Neste 8 de marzo homenaxeamos e recoñecemos o traballo desempeñado por: Sonia; Belén; Paula; Isabel; Veva; Patricia; Azucena; Samantha; Divina; Ivonne; Manola; Elena; Fani; María; Maruja; Teresa; Silvia; Rosa; Isabel; Ana; Dayana; Lola e María José, profesionais do SAF de Negreira.

powered by social2s