concello_azul_020419.jpgO Concello de Negreira súmase por segundo ano consecutivo, á campaña de sensibilización "Light it up blue" (ilumínao de azul), unha campaña de carácter internacional pola que edificios e monumentos emblemáticos de todo o mundo tínguense de azul, en apoio e solidaridade co colectivo de persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias.

 

A iniciativa consiste na iluminación de azul da fachada da Casa do Concello, entre as nove e as doce da noite, no Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

 

No ano 2018 o Concello apoiou a iniciativa emprendida por Raquel Quintáns e Ainhoa Rodríguez, veciñas de Negreira, quenes promoveron o proxecto para colocar un total de 304 pictogramas en edificios e instalacións públicas de Negreira, logrando a adaptación cognitiva dos espazos mediante debuxos e a súa descrición en castelán e inglés.

 

#ilumínalodeazul

0
0
0
s2sdefault

escolainfantil280319.jpgO Concello de Negreira ten aberto o prazo para a renovación de matrícula e solicitude de novo ingreso, de nenos e nenas, de entre 0 e 3 anos, na Escola Infantil Municipal para o curso 2019-2020.

 

Este prazo de renovación de matricula vai dende o día 1 ao 15 de abril, e para novos ingresos será dende o 1 ao 30 de abril. Deben presentar as solicitudes no Rexistro Xeral, na Casa do Concello, en horario de 9 a 14 horas.

 

A documentación necesaria pódese consultar a continuación.

0
0
0
s2sdefault

certame_contos28032019.jpgUnha vez máis o Concello de Negreira, a través da delegación de Cultura e Deportes, e con esta xa van catorce, promove o certame de contos, este vai dirixido ós mozos con idades de entre seis e dezaeoito anos, ambolos dous incluidos.

 

Os contos terán que ser orixinais e inéditos, e non premiados noutros concursos nin certames e deberán estar escritos en lingua galega.

 

Será obrigado para participar enviar unha copia dos orixinais, escrita a máquina, a ordenador ou mesmo en formato dixital, e terán que ter polo menos 8 folios de extensión, a dobre espazo por unha cara e en letra Times New Roman o similar.

 

Os traballos hánse de entregar na Delegación de Cultura e Deportes, na Casa da Cultura. O prazo abriuse o día 26 e estará neste estado ata o dia 10 de maio. Os traballos orixinais entregados deberán estar acompañados dos datos persoais dentro do sobre, e, por fóra, solo ira o pseudónimo do autor.

 

A decisión do xurado faráse pública o 15 de maio e farase a entrega de premios ese mismo dia ás 20:00h no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

Hánse repartir premios económicos para os tres primeiros postos.

 

Toda a información ampliada no tríptico oficial e o formulario, na seguinte pdf:

 

 

Attachments:
Download this file (Triptico_certame_contos_28032019.pdf)Triptico Certame 2019
0
0
0
s2sdefault

deportiva_e_cultural.jpgA Primavera Deportiva e Cultural 2019 abarcará os meses de abril, maio e xuño, onde destacan actividades como o Ciclo de Teatro, o Torneo Interescolar e maila Gala de Ximnasia Rítmica (sábado 4 e domingo 5 de maio); a VII Copa Akai Ryu de kárate (sábado 18 de maio); o quinto Triatlón Solidario (sábado 25 de maio), ou citas clásicas como o 27º Día da Muiñeira (sábado 1 de xuño); o concerto das Letras Galegas da Banda Ateneo (sábado 18 de maio), ou a festa de clausura das Escolas Deportivas, a tarde do sábado 11 de maio no Pavillón de Pedra Mámoa.

 

Son máis dunha trintena de actividades dun variado programa que ábrese o venres 5 de abril coa Fase de Zona do Club de Debate, onde participan equipos de Ferrol, Oleiros e por suposto, un equipo do IES Xulián Magariños, en representación local. E o domingo 7 de abril teremos unha Fase Intercomarcal de Xadrez, a partir das seis da tarde no Pavillón de Pedra Mámoa.

 

O sábado 13 de abril, teremos a representación da obra de teatro vertical ¨Alma, non é hipie¨, ás nove da noite no Auditorio, a cargo da Produtora Pistacatro que estivo de residencia técnica en Negreira.

 

O sábado 27 de abril comezará o Ciclo de Teatro, que nesta ocasión presenta seis propostas que inclúen dende teatro profesional ao afeccioado. Sempre en horario das nove da noite. Ibuprofeno Teatro abre o ciclo coa obra: ¨O Furancho¨, o día 27 e continuará o venres 3 de maio con Malasombra Teatro e a obra: "Bernarda". Para o 10 de maio teremos á Escola de Muros coa obra: "Lisístrata".

 

Entre as propostas culturais, salientar que na festividade das Letras Galegas (17 de maio), teremos a oportunidade de desfrutar do espectáculo folclórico ¨Raigame¨, da agrupación Ximiela, de Muros, no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

A Primavera Deportiva-Cultural inclúe dúas citas específicas para os centros de ensino: O luns 8 de abril, ás once da mañá, teatro coa obra: ¨Languaje Planing¨, a cargo da compañía Os Quinquilláns; e o xoves 16 de maio, ás 11:30 horas para o colexio O Coto, con Malasombra Teatro: ¨A historia de Galicia¨. Ambas citas terán lugar no Auditorio.

 

Consulta aquí toda a programación:

 

0
0
0
s2sdefault

certame_pintura28032019.jpgUn ano máis o Concello de Negreira, a través da delegación de Cultura e Deportes,  e con esta  e xa van catorce, promove o certame de pintura, este vai dirixido ós mozos con idades de entre seis e dezaeoito anos, dividos en dous grupos, facendo a partición nos doce anos.

 

O motivo da pintura, asi como os materiales e as técnicas son completamente libres, as únicas restricción é: a obra debe ser orixinal e non pode ter sido premiada en nalgún outro premio ou certame. O tamaño é preferible que sexa A3.

 

Os traballos hánse de entregar na Delegación de Cultura e Deportes, na Casa da Cultura. O prazo abriuse o día 26 e estará neste estado ata o dia 10 de maio. Os traballos entregados deberán estar acompañados do formulario de inscripción.

 

A decisión do xurado faráse pública o 15 de maio e farase a entrega de premios ese mismo dia ás 20:00h no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

Hánse repartir premios económicos para os tres primeiros postos de cada categoría de idade.

 

Toda a información ampliada no tríptico oficial e o formulario, na seguinte pdf:

 

Attachments:
Download this file (Triptico_certame_pinturas_28032019.pdf)Triptico Certame 2019
0
0
0
s2sdefault