Foto.jpg

A Escola de familias do instituto Xulián Magariños celebrou o pasado venres 2 de febreiro, unha charla sobre: Condutas de risco online e ciberdelincuencia, a cargo do experto en ciberseguridade, José Torres, responsable do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Guardia Civil de Pontevedra.

 

Esta acción foi promovida polo servizo de Orientación do centro, en colaboración coa asociación de nais e pais A Barcalesa e mailo Concello de Negreira, asistindo á mesma a concelleira de Educación, María del Mar García Vidal.

 

Ao encontro asistiron preto de 50 nais e pais. Entre os asuntos abordados, de máximo interese para as familias, a seguridade nos dispositivos móbiles e protección da información, a xeolocalización e redes wifi, e mesmo a mensaxería instantánea móbil como whatsapp ou telegram. A temática tamén abordou o ciberacoso, desde os tipos, o tratamento e a prevención, así como a protección da intimidade e da privacidade, redes sociais, videoxogos, o metaverso e maila intelixencia artificial.

 

José Torres é experto universitario en investigación da ciberdelincuencia. É diplomado polo Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) como especialista en privacidade e seguridade nas RRSS. Tamén é diplomado polo Centro Nacional de Excelencia en Ciberseguridade (CNEC) como especialista na análise de evidencias dixitais. Ademais, foi membro do Consello Asesor do estudo de Unicerf sobre o impacto da tecnoloxía na adoslescencia.

 

powered by social2s