O Concello de Negreira colabora na iniciativa Facemos un trato: Trátemonos ben, na que se queren poñer en marcha obradoiros para traballar a non violencia, o acoso en xeral, e o bo trato en particular, da man da Asociación de nais e pais (Anpa) Val de Barcala, unha actividade subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

 

Se sodes nais e pais de alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria do CEIP O Coto, tedes ata este luns 30 de setembro para anotárvos e participar. Anótate en: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou no número de teléfono: 667 198 878.

 

Dúas partes

A primeira parte está adicada a obradoiros para o alumnado (só de 5º e 6º), a levar a cabo en horario lectivo. Serán catro xornadas (unha semanal), e impartidas no primeiro trimestre do curso, nas cales se traballaránse dinámicas prácticas coa finalidade de coñecer máis en profundidade as opción que teñen ante unha situación de violencia e que interioricen as repercusións emocionais e persoais da convivencia coa violencia.

 

A segunda parte consta de dúas xuntanzas que se levarán a cabo en sábado para facilitar a asistencia:

 

1ª sesión: Dirixida a pais e nais, onde crearase un espazo de intercambio de experiencias e información onde enriquecerse en materia de violencia, mediante un traballo en positivo para poder apoiar aos fillos, observando os seus comportamentos e coñecendo cómo actuar.

 

2ª sesión: Convidarase a que os rapaces/zas acompañen aos seus pais e nais, nunha xornada lúdica onde se poderá ver o resultado final deste proxecto.

powered by social2s