Do 1 de xullo ao 12 de setembro permanecerá aberto o prazo de matrícula para o curso 2019/2020 na Escola Municipal de Música, que como novidades incorpora a especialidade de acordeón e unha nova modalidade de matrícula de clases grupais para todos aqueles que non estedes interesados en vir ás clases individuais. Coro, clases grupais de acordeón e tamén gaita e percusión tradicional, a un prezo mensual reducido (10 € ao mes).

 

Os interesados en clases individuais de gaita, acordeón e canto, tamén terán incluidas, dentro do prezo da modalidade, as clases grupais, igual que nos demáis instrumentos.

 

O alumnado que xa pertence á Escola xa pode formalizar a matrícula, ben na Biblioteca municipal en horario de tarde, ou a través da páxina web da escola: www.esmusnegreira.com.

 

A presentación do novo curso e dos horarios terá lugar o venres 13 de setembro, ás 18:00 horas no auditorio da Casa da Cultura.

0
0
0
s2sdefault

Despois de ser os vencedores da segunda edición da Copa de Futsal conxunta entre os concellos de Negreira e Santa Comba, o equipo de Covas FT alzouse onte na pista de Pedra Mámoa, co título de campións da Liga de Negreira ao vencer por 6 goles a 4 ao conxunto do Autoescola Antonio. Previamente, disputouse o partido polo terceiro posto no que venceu Construccións Quintáns por 6 - 3 ao equipo de Castiñeiriño FS.

 

Na entrega de trofeos participaron o alcalde en funcións, Jorge Tuñas Caamaño, e mailo tenente de alcalde en funcións, Manuel Ángel Leis Míguez. Ademáis dos trofeos aos campións, subcampións, e terceiro e cuarto clasificados, entregáronse os trofeos de mellor xogador, máximo goleador e porteiro menos batido.

 

Cadro final

1º - Covas FT

2º - Autoescola Antonio

3º - Construccións Quintáns

4º - Castiñeiriño FS

Mellor xogador: Pedro Currais (CovasFT)

Máximo goleador: Joaquín Becerra (A. Antonio)

Porteiro menos batido: Mateo Couso (A. Antonio)

 

0
0
0
s2sdefault

O Centro de Información á Muller (C.I.M.), do Concello de Negreira, ten aberto o prazo de inscrición ata o día 21 de xuño para as familias interesadas en que os seus fill@s, na franxa de idade comprendida entre os 3 e os 12 anos, poidan solicitar praza no Campamento urbano ¨Respira¨, a celebrarse durantes os meses de xullo e agosto nas instalacións do C.E.I.P. O Coto.

 

Trátase dunha actividade para a conciliación da vida laboral e familiar, daquelas familias con fillos e fillas e, que traballen durante os meses de xullo e agosto.

 

Horario: de 08:45 a 14.15 horas.

 

Prazas: 30 en xullo e 15 en agosto.

 

Inscricións: Centro de Información á Muller, na pranta baixa da Casa do Concello (rúa do Carme, 3). Tlf. 981 886 320.

0
0
0
s2sdefault

O bono social de luz está destinado ás persoas cunha situación económica complicada para poder pagar as súas facturas da luz con máis comodidade. Esta axuda ofrécea o Goberno Español para que as familias poidan beneficiarse dun desconto nos recibos de luz. As persoas que poden pedir o bono social son os consumidores vulnerables.

 

A normativa do bono social de outubro de 2017, o Real Decreto 897/2017 do 7 de outubro, indica que esta consideración outórgase a quen cumpre uns requisitos determinados en canto á súa situación familiar e o seu nivel de renda anual.

 

Máis información: https://selectra.es/energia/info/bono-social

 

O bono social térmico é unha medida proposta polo Goberno Español na que se dan axudas económicas ás persoas vulnerables e en risco de exclusión. Así, estas persoas e unidades familiares poderán facer fronte aos pagos das facturas de gas que teñan que ver coa climatización do fogar.

 

A axuda mínima do bono social térmico que determinou o Goberno serán 25 euros, pero esta contía pode verse aumentada dependendo do grao de vulnerabilidade da persoa e da Comunidade Autónoma na que estea, incrementándose ata nun 60% o valor inicial.

 

Máis información: https://preciogas.com/faq/bono-social-termico

 

O Abono Social telefónico ou de Telecomunicacións atópase dentro da Carta de Dereitos dos Usuarios dos Servizos de Telecomunicacións Electrónicas, no artigo 29, promovida por Real Decreto no ano 2009, e é un compoñente do Servizo Universal promovido polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital.

 

O Servizo Universal é un conxunto de servizos básicos de Telecomunicacións promovidos polo Goberno que se prestan a todos os usuarios que o necesiten en relación ás súas circunstancias económicas. Dentro do Servizo Universal de Telecomunicacións, o Abono Social é unha bonificación para xubilados e pensionistas na liña telefónica fixa individual que se basea en dous aspectos: a redución do 70% da cota de alta da liña fixa e do 95% do pago mensual da mesma.

 

Máis información: https://www.comparaiso.es/manuales/abono-social-telefono

 

0
0
0
s2sdefault

O noso concello foi seleccionado pola Secretaría Xeral dá Igualdade, de cara a impartir un curso de defensa persoal e autocapacidade dirixido a mulleres, de oito horas de duración e impartido por membros das forzas e corpos de seguridade do Estado.

 

Trátase dun curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación ante diversas situacións, impartindo técnicas de prevención e autoprotección, cuxas datas de celebración son os venres 7 e 21 de xuño, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

 

As prazas son limitadas, e para máis información hai que dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres (CIM), na pranta baixa da Casa do Concello, ou no número de teléfono: 981 886 320.

 

Esta actividade inclúese no acordo de colaboración entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias para conformar unha rede de entidades locais contra a violencia de xénero.

0
0
0
s2sdefault