verancultural2018.jpgVén de presentarse a programación do Verán Cultural de Negreira 2018. Entre xullo e setembro a veciñanza poderá desfrutar dunhas 30 actividades de carácter festivo, cultural e deportivo.

 

Entre elas destacan o Nicrarock (13 de xullo), unha nova Noite en Vela (20 de xullo), o encontro de cultura psicodélica Galipsy (27-29 de xullo) a XVI Noite Folk (18 de agosto) a XII Feira do Románico (24-26 de agosto), a VII Gala da Maxia (31 de agosto) e o Festival de Bandas (16 de setembro).

 

Tamén hai propostas deportivas diversas. Alén dos cursiños de natación, os obradoiros Diververán e o campamento Respira; na segunda quincena deste mes desenvolveranse os campamentos deportivos da Deputación e a excursión ao Aquapark de Cerceda. Ademais, celebrarase o I Open de Tenis (14-21 de agosto), o I Torneo de Pádel (4-14 de setembro); o XII Día da Bicicleta (15 de setembro) e a XX Andaina Popular (22 de setembro).

 

Actividades variadas e para todos os públicos nas que non poden faltar actuacións musicais coma a de Mamá Cabra (15 de setembro); así como varias intervencións de Cultura a Pé de Rúa.

 

Na seguinte ligazón pódese consultar o programa completo.

 

0
0
0
s2sdefault