DSC 0019

A Casa da Cultura acolleu hoxe a presentación do Programa de emprego Mocidade 2020, para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX), o cal terá unha vixencia de 12 meses e que comeza a súa andaina dende mañá día 1 de outubro, sendo o Concello de Negreira o seu promotor, coa colaboración dos Concellos da Baña, Santa Comba e Val do Dubra. O proxecto conta cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia, que ascende a 369.492,32 euros, coa referedida finalidade de formación e aprendizaxe de 16 alumnos/as-traballadores/as.

 

Foto 2

 

Esta axuda enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, obxectivo específico 8.2.2, estando confinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89%.

 

O Programa de emprego "Mocidade 2020", contará con dúas especialidades formativas: Fábricas de albanelería e Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.

 

O acto de presentación contou coa participación do alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez; o rexedor da Baña, José Antonio Pereira Gil, e mailo alcalde de Santa Comba, David Barbeira. Tamén participaron na presentación, a directora de Mocidade 2020, Alicia Blanco Sande, e maila axente de Desenvolvento Local do Concello de Negreira, Sonia Ponte Esturao.

powered by social2s