A maior programación de danza de Galicia, Propulsa: Danza+Paisaxe+Patrimonio parará en A Ponte Maceira este domingo 18 de xullo con distintas actividades que se celebrarán no Pazo de Baladrón, ás oito da tarde.

Este evento do programa do Xacobeo 2021/2022, xestionada por Agadic · Xunta de Galicia, pretende enmarcar a danza e fomentar a creación contemporánea das artes do movemento en entornos de gran valor paisaxístico e patrimonial da comunidade para atraer a novos públicos, xenerar complicidade con administracións locais e crear oportunidades laborais para profesionais e compañías galegas.

O programa de espectáculos desenvolverase en 27 localidades distribuidas polas catro provincias coa exhibición de pezas de danza de profesionais. O proxecto tamén acolle a presentación de traballos de compañías convidadas de España e Portugal para, deste xeito, establecer vínculos con outros territorios profesionais

Os asistentes poderán gozar de espectáculos como “Voo” da bailarina acróbata Ánxela Blanco (30 min.); o abstracto “Feelings” de Janet Novás (18 min.); a proposta “Give it a spin” de Pisando Ovos co DJ Jas Processor (25 min.) que mestura diálogo e movemento entre un picadiscos e unha bailarina; e “Keep going” de La Macana (15 min.), un alegato á dinámica e unha mostra da esencia do movemento co corpo.

O evento é de balde pero as prazas serán limitadas, polo que os interesados en achegarse ao Pazo de Baladrón deberán inscribirse no WhatsApp do número 676 454 879 indicando os seus nomes e apelidos, DNI e un teléfono de contacto.

powered by social2s