intercambio260918_2.jpgDende a Asociación ¨Terras de Compostela¨, informan que desenvolverá un Intercambio Xuvenil en Seulo - Cerdeña (Italia), entre os días 10 e 16 de novembro vindeiros, polo que estando o noso concello no seu territorio de actuación, están a seleccionar 5 mozos/as, de entre 18 e 25 anos de idade , que vivan no territorio de actuación do GDR Terras de Compostela.

 

Este proxecto denominado ¨News is cool¨, está financiado polo programa Eramus +, e inclúe desprazamentos até 275€, aloxamentos, manutención e actividades.

 

 

Durante o intercambio, 25 mozos de cinco países europeos: España; Portugal; Finlandia; Malta e Italia, convivirán e participarán nunha serie de actividades relacionadas coa temática deste intercambio: Cómo abordar a problemática do abandono escolar a idades temperás en zonas rurais.

 

Para máis información é necesario contactar coa Asociación Terras de Compostela, a través do número de teléfono: 617 129 702, ou por correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

powered by social2s