A quinta edición do Premio 8 de Marzo do Concello de Negreira está dedicado ás mulleres que conforman o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), do noso concello. O Centro de Información á Muller (CIM), sinala que outorgase este recoñecemento: «Polo seu traballo, esforzo e dedicación, que foron chave para que a veciñanza que máis o precisaba puidese seguir sendo atendida neste difícil contexto de crise sanitaria».

 

Dende o CIM do Concello de Negreira queren agradecer con este recoñecemento o seu «imprescindible» labor a este grupo formado por 30 mulleres.

 

Este ano, debido á pandemia sanitaria da Covid-19 non poderemos celebrar a tradicional gala. No seu lugar, o CIM está preparando unha serie de contidos que van ser compartidos a través das RRSS con motivo do 8 de marzo. Cómpre salientar que o sábado 6 de marzo, vaise a levar a cabo a elaboración dun mural dedicado ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, nas dependencias exteriores do CEIP O Coto, cuxo traballo será recollido nun vídeo por 7H Cooperativa Cultural, de Compostela, encargadas da súa elaboración de forma coordenada coas propias traballadoras do servizo.

powered by social2s