DSC_0833.JPG

Un auditorio de Negreira ateigado de público, preferentemente mulleres da comarca de Barcala, rendeuse en aplausos e postos en pé, cando o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, entregoulle a Beni Castro, o Premio 8 de marzo, que anualmente recoñece a traxectoria e o labor dunha muller na súa faceta profesional e persoal.

 

Interviron entre outras, Yolanda Abruñeiras, unha das súas primeiras usuarias, e mais outras nais asistentes, así como compañeiras de profesión como Diana Luque, secretaria da Asociación Galega de Matronas, entidade á que pertence Beni, asistindo Angélica Núñez, matrona de Boqueixón, e María Teresa Moreira, matrona de Val do Dubra. Ademais, tamén participaron estudantes do equipo de Igualdade do instituto Xulián Magariños.

 

A concelleira da Muller, Mar García Vidal, e mailo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, deron paso a unha longa alocución da homenaxeada, quen tivo tempo para os agradecementos, e tamén, para deixar caer críticas e reflexións sobre a importancia do papel das mulleres.

0
0
0
s2sdefault