romanico portada

 Negreira acolle dende o venres 1 de setembro ata o domingo día 3 unha nova edición da Feira do Románico, con múltiples actos distribuídos na contorna do Pazo do Cotón.

 

A partir do xoves 31 de agosto a 1 da tarde, a Carreira de San Mauro quedará cortada ao tráfico por motivos de organización e haberá desvíos alternativos pola Abeanca, A Chancela e Vilachán de Abaixo. Así mesmo, tamén comezarán os traballos de decoración das rúas e do mercado.

 

As principais zonas da vila as que afecta a feira son a Carreira de San Mauro e a Rúa do Carme, onde se emprazaran as tendas de artesanía. Na Praza do Concello estará a zona infantil, e a contorna da Capela do Cotón resérvase para espectáculos e demostracións. A zona anexa ao IES Xulián Magariños será o emprazamento do Gran Torneo Medieval.

 

A celebración comezará o venres as 6 da tarde con actividades variadas, malabares, danzas medievais e para as 11 e media da noite a actuación musical de Tanto Nos Ten na Praza do Cotón.

 

O sábado ás 12 do mediodía será cando as autoridades locais inauguren de maneira oficial á Feira do Románico, xusto antes dos espectáculos e acrobacias de Circodido que estarán na Praza do Cotón á unha e cuarto. Pola tarde, as 8 e media, será o Combate Medieval entre Cabaleiros no campo da feira.

 

Pola noite, as 10 e media, actuación de batucada con Latexo Percusión, e logo o espectáculo de A Lenda das Meigas, as 11 e cuarto. Os fogos de artificio pecharán a xornada as 12 da noite.

 

O domingo a feira abre ás 11 coa música de Turdión. O ambiente medieval continuará ás 12 cun espectáculo de acrobacias, e 1 da tarde o Gran Combate Medieval na explanada do IES Xulián Magariños, espectáculo que voltará de novo as 8 da tarde. Para rematar, teatro a pé de rúa con Errantes que volven a Negreira cunha posta en escea que será a que despida os actos.

 

Díptico Exterior

Díptico Interior

 

 

powered by social2s