A quinta edición do Premio 8 de Marzo do Concello de Negreira está dedicado ás mulleres que conforman o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), do noso concello. O Centro de Información á Muller (CIM), sinala que outorgase este recoñecemento: «Polo seu traballo, esforzo e dedicación, que foron chave para que a veciñanza que máis o precisaba puidese seguir sendo atendida neste difícil contexto de crise sanitaria».
Dende o CIM do Concello de Negreira queren agradecer con este recoñecemento o seu «imprescindible» labor a este grupo formado por 30 mulleres.
Este ano, debido á pandemia sanitaria da Covid-19 non poderemos celebrar a tradicional gala. No seu lugar, o CIM está preparando unha serie de contidos que van ser compartidos a través das RRSS con motivo do 8 de marzo. Cómpre salientar que o sábado 6 de marzo, vaise a levar a cabo a elaboración dun mural dedicado ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, nas dependencias exteriores do CEIP O Coto, cuxo traballo será recollido nun vídeo por 7H Cooperativa Cultural, de Compostela, encargadas da súa elaboración de forma coordenada coas propias traballadoras do servizo.
Infórmase que a Corporación Municipal de Negreira celebrará o Pleno de carácter ordinario, o luns, día 8 de marzo, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello, coa seguinte orde do día:
1º.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº 1/2021 ó nº 32/2021, ambos inclusive.
2º.- POS + ADICIONAL 1/2019 2ª FASE.- Ratificación, se procede, do decreto de alcaldía número 27/2021, de data 17 de febreiro de 2021.
3º.- Convalidación, se procede, da adhesión ao Convenio entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a FEGAMP para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra o Covid-19
4º.- Convalidación, se procede, do Convenio de colaboración entre os concellos de Negreira e Val do Dubra para a solicitude conxunta dunha subvención á Xunta de Galicia para a xestión compartida-agrupacións de concellos do Servizo de Atención Temperá no marco da Rede Galega.
5º.- Aprobación inicial, se procede, do Regulamento dos títulos, honores e distincións oficiais do Concello de Negreira.
6º.- Aprobación inicial, se procede, do Regulamento do “Programa Negreira Concilia (Madrugadores e Merendas), Diververán, Campamento Urbano Respira e Nadal Lúdico”.
7º.- Aprobación inicial, se procede, da Ordenanza reguladora dos prezos públicos pola prestación do servizo do “Programa Negreira Concilia (Madrugadores e Merendas), Diververán, Campamento Urbano Respira e Nadal Lúdico”.
8º.- Aprobación inicial, se procede, das Bases reguladoras para a concesión de bolsas para deportistas do Concello de Negreira.
9º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE en relación coa modificación da Lei de Sáude Pública de Galicia.
10º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE con motivo do Día Internacional das Mulleres.
11º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do P.P. con motivo do Día Internacional das Mulleres.
12º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do P.P. relativo á solicitude da redución do IVE aos salóns de peiteado.
13º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do P.P. para instar ao Goberno de España a recoñecer a capacidade de xestión das Entidades Locais e a aumentar a porcentaxe dos Fondos Europeos de recuperación asignados a Concellos, Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares.
14º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do P.P. solicitando determinados arranxos na Capela e en Gonte.
15º.- Rogos e Preguntas.
A páxina web Turespazo permite aos hostaleiros de toda Galicia calcular a capacidade máxima dos locais e descargar o cartaz co código QR, que será obrigatorio a partir do venres, 5 de marzo de 2021.
Formación hostalaría: mércores 3 de marzo ás 11:00
O mércores 3 de marzo ás 11:00, terá lugar un webinar, onde se explicará o funcionamento da web Turespazo e os pasos que se deben dar para o cálculo da capacidade máxima e a descarga dos códigos QR. Unha vez se teñen estes dous elementos, deberán telos colocados no local de xeito visible, a partir do 5 de marzo. Tódolos responsables de negocios de hostalaría poderán seguir o webinar (con inscrición previa), que durará 1 hora, onde participarán a Directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, o Responsable da Área de Innovación Turística, Jorge Barreiro Rodas, e o Presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo González Pardal.
As dúbidas poderán consultalas directamente no chat do webinar.
Aquí pode acceder á páxina informativa do webinar onde atopará a ligazón para inscribirse.
Descargas de interese en pdf:
Este venres 5 de marzo faremos entrega dos premios do noveno Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro, correspondente ó ano 2020 e que por mor das restricións da pandemia tivemos que retrasar ata este primeiro venres do mes de marzo. O acto levarase a cabo no Auditorio do Centro Sociocultural, a partir das 19:30 horas e estará amenizado coa actuación musical do dúo Minguante.
O presidente do xurado, José Antonio Ponte Far, será o encargado de facer unha lembranza do percorrido do certame con referencias á figura e obra do poeta Ardeiro. O xurado está integrado ademais por: Xulio López Valcárcel; María Rey; María López Sández e Diana Varela. En total na presente edición presentáronse un total de 34 poemarios.
Os premios contan cunha dotazón económica de 700 e 300 euros, respectivamente, para o gañador/a e mailo finalista, que concede o Concello de Negreira, así como a edición do poemario gañador por parte da Dirección Xeral de Políticas Culturais (Xunta de Galicia), coa posterior entrega de trescentos exemplares.
O acto contará entre outros coa participación do alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez e mailo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo Suárez.
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo entrega hoxe dun vehículo para uso compartido dos concellos de Negreira e A Baña, ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental cunha achega do 80% do total, de 24.850 euros. O vinte por cento restante foi asumido, a parte iguais, polos dous concellos cun importe de 3.550 euros cada un. O coste final de adquisición ascendeu a 35.497 euros. O vehículo en cuestión está adicado ao servizo de mantemento de iluminación pública da Mancomunidade de Concellos do Tambre.
Ao acto asistiron os alcaldes de Negreira e A Baña, Manuel Ángel Leis Míguez e José Antonio Pereira Gil, respectivamente; a primeira tenente de alcalde de Negreira, María del Mar García Vidal, e mailos portavoces do Partido Popular en ambos concellos, Rubén Suárez Carballo e Andrés García Cardeso, respectivamente.
Este vehículo sustitúe ao anterior que fora adquirido no ano 1995 para o servizo de mantemento da Mancomunidade do Tambre.
Páxina 1 de 196