EBS_1955.jpg

O Concello de Negreira presentou a súa programación das festas de Entroido 2024 que o sábado, día 10 de febreiro, vivirán o seu día grande co Desfile e concurso de carrozas e comparsas. A concentración será a partir das 16:00 horas no Campo da Feira, e o comezo do desfile está fixado para as 17:00 horas, a través da Carreira de San Mauro, rúa da Cachurra, avenida das Brañas, rúa Rosalía de Castro, rúa de Castelao e remate, na rúa do Carme, diante da Casa do Concello.

 

A agrupación musical Tíralle do aire abrirá o desfile e unha vez rematado, comezará a actuación musical do grupo Unión y Fuerza, na carpa da praza do Concello, lugar para a posterior entrega de 5.000 euros en premios. O prazo de inscrición permanece aberto ata o xoves, día 8 de febreiro, na Oficina de Cultura (Casa da Cultura).

 

Festa infantil

A segunda parada das festas terá lugar o luns, día 12 de febreiro, a partir das 17:30 horas no pavillón do colexio O Coto, coa Festa infantil de disfraces. Non faltará a animación musical, os xogos inchables, talleres de maquillaxe e un sorteo de agasallos entre toda a rapazada disfrazada.

 

Consulta as bases do concurso:  https://concellodenegreira.gal/pdf/slider/programacion-entroido-barcales-2024.pdf

powered by social2s