diputacion_coruna.jpgA mellora de servizos básicos é o principal destino dos fondos que recibirá o Concello de Negreira con cargo ao Plan Único (POS+2018).

 

Dende a súa creación no ano 2017, o Plan Único permite aos concellos unha flexibilidade total á hora de investir os fondos que lles asigna a Deputación da Coruña. «En lugar de propoñer unhas axudas específicas, a Deputación permite aos concellos escoller as súas prioridades», segundo explica o seu presidente, Valentín González Formoso, quen sinalou que a institución provincial «xoga un papel fundamental para axudar aos concellos a ofrecer máis e mellores servizos públicos fundamentais, financiando obras que moitas veces os municipios rurais non poderían acometer por si mesmos».

 

Neste sentido, o Plan Único permite paliar a carencia de axudas específicas para servizos que os concellos están obrigados a subministrar, coma as redes de sumidoiros ou o acceso aos núcleos de poboación, permitíndolles aos municipios destinar os fondos que estimen necesarios a estas actuacións.

 

O Concello de Negreira investirá 317.944,04 euros en dous proxectos:

 

1) Asfaltado e formigonado de pistas en San Vicente e outros.

2) Construcción dunha senda peonil entre A Barquiña e A Chancela.

0
0
0
s2sdefault