Debido a queixas veciñais constantes sobre o estado de sucidade e abandono que presentan os contedores de cartón e plásticos, lembrámoslle a nosa veciñanza que contamos cun servizo de recollida semanal que se realiza todos os martes.

 

É importante ter en conta os seguintes puntos para o bo funcionamento do servizo e a convivencia entre os nosos veciños/as:


• Intentar, na medida do posible, depositar os residuos dentro dos contedores. Para isto, deben ser dobrados correctamente os cartóns e depositados individualmente os residuos de plástico. Procurar non deixar caixas enteiras, ou bolsas sobre ditos recipientes.

 

• Soamente se están cheos, deixaranse depositados nun lado dos mesmos. Polo ben da convivencia e o respecto, aquelas persoas que teñan un elevado volume de cartóns ou plásticos, deberán depositalos o mesmo día da recollida, ou ben, o día anterior, pero nunca antes nin durante a fin de semana. Recordamos que en días de choiva, ou de eventos e outros actos, fan que a imaxe de todos os residuos depositados incorrectamente sexa nefasta para o noso pobo e a nosa economía.

 

• No caso de ter que tirar outro tipo de voluminosos, temos un servizo mensual de recollida dos mesmos chamando previamente ó número 981 885 250, ou acudindo persoalmente ó Punto Limpo, sito no Polígono (664 042 601), co seguinte horario:

 

Luns a xoves: 10:00 a 14:00 horas
Venres: 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30
Sábados: 10:00 a 14:00

 

powered by social2s