Imaxe nova.jpg

Dirixido a persoas profesionais ou afeccionadas á fotografía, residentes en España, ábrese o prazo de presentación de traballos que opten a esta segunda edición do Concurso fotográfico Día Internacional da Muller Rural, convocado polo Concello de Negreira, a través do Centro de Información á Muller (C.I.M.). Este prazo permanece aberto entre os días 2 e 10 de outubro, e o fallo do xurado terá lugar o día 11 de outubro. As fotos hainas que enviar ao seguinte enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

As fotografías deberán ter, polo menos, a unha muller como protagonista, con especial atención a aquelas fotografías que plasmen as actividades de agricultura e gandería ou que se enmarquen no ámbito rural.

Con este concurso búscase reinvidicar o papel fundamental das mulleres no rural.

 

 

powered by social2s