devesaanllares20032019.jpgVisita organizada polo Concello de Negreira, a través da delegación de Cultura e Deportes para o domingo 7 de abril.

 

Hora de saída dende o Centro de Saúde as 08:30h e volta á hora de comer.

 

Localización da ruta

 

Realizamos esta ruta fluvial a orillas do río Xallas. Para iniciar a ruta dirixímonos á aldea de Castrelo.

 

Descrición da ruta

 

Ruta por sendeiros de pescadores a orillas do río Xallas, onde se atopa a Devesa de Anllares, no concello de Mazaricos. Este bosque é case unha milagre, un reduto que representa unha pequena mostra dos bosques autóctonos que no pasado poboaban o territorio atlántico galego. Iniciamos a caminata por unha pista de terra que descende á ribeira do río Xallas. Unha vez que acadamos o río internamonos no espeso bosque de galería. O recollemento do bosque e o susurro da auga nos conceden un ambiente moi calmo. O Xallas flúe por aquí moi calmo, por un terreo de escasa pendente entre o embalse da Fervenza e o embalse de Santa Uxía.

 

0
0
0
s2sdefault