O Concello de Negreira, abre o prazo de inscrición para o Programa Madrugadores que se desenvolverá nas instalacións do CEIP O Coto.

Está dirixido a familias con menores de 3 anos a 12 anos durante o curso lectivo 2021-2022 e terá prazas limitadas.

 

Para a adxudicación das prazas terase en conta a orde de inscrición e os seguintes criterios recollidos no Regulamento Negreira Concilia (BOP do 7 de maio de 2021):

1º criterio.- Familias con menores empadroados no Concello de Negreira.
2º criterio.- Familias que aporten informe Social que indique a necesidade do servizo en base a circunstancias socioeconómicas e familiares.
3º criterio.- Familias numerosas.
4º criterio.- Familias monoparentais.
5º criterio.- Familias con fillas/os de mulleres vítimas de violencia de xénero.
6º criterio.- Familias nas que algún das/os proxenitores teñen o eu posto de traballo no Concello de Negreira.

 

Documentación a aportar:

- Modelo normalizado da ficha de inscrición.
- DNI dos responsables do menor.
- Libro de familia, sentenza ou resolución administrativa que acredite a relación xurídica entre ambos.
- Copia da tarxeta sanitaria do/a participante.
- Declaración de IRPF e no caso de non presentala certificación negativa.
- Acreditación da situación laboral dos proxenitores e dos criterios de adxudicación de prazas. 

 

Segundo as circunstancias da unidade familiar aplicaranse os seguintes descontos:

1.- Exención: A emisión dun Informe Social do departamento de servizos sociais que indique a necesidade do servizo sen que haxa posibilidades económicas para abonar o custo do mesmo conlevará a exención da cota.
2.- Reducción por irmáns: Cando asistan ao mesmo servizo varios irmáns de xeito simultáneo, o segundo irmán e sucesivos terán un desconto dun 50%.

 

O persoal técnico responsable do servizo poderá requerir outra documentación complementaria ou adicional que se precise.

O desenvolvemento do programa Madrugadores realizarase seguindo un estricto protocolo de seguridade adaptado as circunstancias que se están a vivir debido a COVID-19.
As solicitudes poden presentarse nas oficinas do rexistro da Casa do Concello.

Pode solicitar máis información no Centro de Información ás Mulleres de Negreira, solicitando cita previa no número de teléfono 981 886320/662370448, en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres, dende o 24 ao 31 de agosto de 2021. 

powered by social2s