Unha fin de semana máis, queremos acompañarvos para, na medida do posible, facer un pouco máis levadeiro o confinamento nas vosas casas.

 

Esta semana, imos adicala aos nosos maiores. Por iso, pedismovos que cando saiades aos balcóns e xanelas a aplaudir aos maravillosos sanitarios cos que contamos, que seguen a arriscar as súas vidas para salvar as nosas, teñamos moi presentes aos nosos maiores.

 

Falamos dos nosos pais e nais, nosos avós e avóas. Persoas estupendas que tiveron que padecer os duros tempos da posguerra e, moitos dos cales non lles quedou outra alternativa que ter que emigrar a remotos lugares para buscar o sustento da súa familia e tamén, a esperanza dun futuro mellor.

 

Tamén, quen non lembra a nosas nais e avóas tirando do arado, e traballando arreo, de sol a sol, para que nós non perderamos o sorriso. Eles e elas, cheos de sabiduría, e non da que se aprende na escola, senón da que ensina a vida.

 

Hoxe, coa súa merecida pensión, vénse abocados a este sen sentido. Coa pel curtida pola idade e o sacrificio realizado en pos de futuras xeracións, atópanse confinados sen poder disfrutar dos seus, e nalgúns casos na máis absoluta soidade.

 

Merecedes esta pequena homenaxe e moito máis. Sempre estaremos en débeda con vós!!

 

Dende a Policía Local comprometémonos a cando isto remate, a compartir unha tarde con todos vós no Centro Sociocultural, escoitando o que antes denominábamos as vosas ¨batallitas¨ e agora vemos como unha lección de vida.

 

Por último, queremos agradecer a colaboración que estamos a recibir por parte da meirande parte da veciñanza, facilitándonos o noso labor ao quedarvos na casa.

 

#NegreiraQuedaNaCasa

 

#XuntosVenceremos

 

#NegreiraSairáDisto

 

powered by social2s