compartimosplan.jpgUnha vez rematada a fase de diagnose, a Deputación da Coruña ten o pracer de convidarvos aos foros propositivos e de priorización do proxecto ¨Compartimos Plan¨, na comarca de Barcala, este xoves día 10 de xaneiro, ás 9:00 horas, no Telecentro da Casa da Cultura.

 

Nestes foros analizaranse e priorizaranse as liñas de acción das futuras políticas de igualdade provinciais, polo que é moi importante a participación neste proxecto, xa que terá un importante impacto nas políticas de igualdade locais e comarcais, en canto orzamentos, servizos e recursos.

 

No afán de que Compartimos Plan sexa un proxecto dinámico, participativo e colaborativo, a este foro estades convidadas todas as persoas que podades ofrecer achegas no relativo ás políticas de igualdade e de prevención de violencia de xénero, polo que está aberto a persoal técnico, persoal político, tecido asociativo, centros educativos, corpos e forzas de seguridade, centros sanitarios, tecido empresarial, etc.

 

Para unha adecuada organización do foro, é importante que todas as persoas que asistan ao mesmo confirmen a súa asistencia pulsando na imaxe ou na web http://compartimosplan.com/

0
0
0
s2sdefault