portorweb_recortada.jpgA Asociación de veciños Os Gazafellos, da parroquia de Portor, presenta este sábado 20 de abril, a partir das sete da tarde, no local social da parroquia, unha exposición formada por 126 fotografías antigas recuperadas entre a veciñanza, que recórdanos cómo era a vida social, relixiosa e cultural de Portor, sobre todo a partir de finais dos anos cincoenta en adiante, e todas, en branco e negro.

 

Son imaxes cun gran contido sentimental. A máis antiga, data do ano 1905 e nela pode verse unha procesión no lugar de Pontemaceira. Outras son imaxes familiares ou de grupos de veciños durante alguna celebración da parroquia.

 

Para presentar a mostra, primeiro haberá o visionado dun vídeo elaborado para tal ocasión e que contén un bo número das imaxes que integran a exposición que permanecerá no local social para que quenes queiran visitala fágano.

 

Dende Os Gazafellos de Portor xa están traballando nunha segunda entrega. Trátase de fotografías, sobre todo a partir dos anos noventa que se chamará ¨Vintage¨, onde a mocidade da parroquia a través de instantáneas de partidos de fútbol, festas ou obras teatrais, entre outras, é a principal protagonista, segundo desvelou Sonia Ponte Esturao, que é a secretaria da entidade.

0
0
0
s2sdefault