DSC 0334

Este mécores 1 de xullo comeza a tempada da piscina municipal ao aire libre do parque do Coto, cuxo horario de apertura é de 10 a 14 horas, e de 16 a 20:30 horas, de luns a domingo. Para o bo uso das instalacións e seguindo as recomendacións sanitarias derivadas da pandemia da Covid19, este verán o aforo estará restrinxido e o custo da entrada é de 1 € sen que exista a posibilidade de retirar abonos.

 

O aforo máximo de entrada ao recinto é de 300 persoas. O aforo máximo do vaso da piscina grande é de 113 persoas, e o do vaso da piscina pequena, de 18 persoas. O aforo máximo nos vestiarios e aseos será de 3 persoas ao mesmo tempo.

 

Unha das principais normas é que será obrigatorio manter as distancias de seguridade en todo o recinto, xa que a colocación das toallas estará marcada con conos no chan. E como medida preventiva, este ano non haberá servizo de préstamo de gorros.

 

Resto de normas
- É obrigatorio o uso de chanclas, evitando o posible contaxio de fungos.
- É obrigatorio ducharse antes de meterse na auga, e recoméndase facelo ao sair da auga para eliminar o cloro.
- É obrigatorio o uso de gorro (de latex, lycra, etc...), pola hixiene dos bañistas e pola limpeza da piscina. Non se prestarán gorros.
- Prohíbese entrar na zona de baño con calzado de rúa, e usar roupa interior por debaixo do bañador.
- Prohíbese correr polo borde da piscina, empurrar e pelexar dentro das instalacións.
- Prohíbese saltar de cabeza ao auga en calquera parte da piscina.
- Prohíbese comer, beber e fumar na zona reservada aos bañistas.
- Prohibido abandonar desperdicios nas instalacións da piscina, debendo empregar as papeleiras destinadas a tal efecto.
- Prohíbese a entrada de animais nas instalacións, agás cans guía.
- No caso de incumprimento das normas aquí expostas, o persoal terá a potestade de expulsar aos infractores das normas.

powered by social2s

DSC 0333

Ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro, o Concello de Negreira organiza un denso programa de actividades para o tempo de lecer, caracterizado polas normas de seguridade e hixiene derivadas da pandemia sanitaria da Covid19. O Verán Cultural foi presentado hoxe en Radio Negreira polo alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez e mailo técnico de Cultura e Deportes, Marcos Pérez, quenes destacaron o "esforzo" do Concello para que a veciñanza de Negreira teña a posibilidade de disfrutar das propostas para o tempo de lecer durante os próximos tres meses.


Coa apertura da piscina municipal do Coto, a partir do mércores día 1 de xullo, dáse o pistoletazo de saída ás actividades do Verán Cultural. Este ano, para o uso da piscina, non haberá os bonos específicos de tempada, mes, tanto individuais como familiares. A entrada única terá un prezo de 0,50 €. Haberá unha limitación de aforo de ata o 75% con medidas de seguridade como o distanciamento social, así como a desinfección de vestiarios e aseos.
Entre as actividades de conciliación está o Campamento "Respira", dos meses de xullo e agosto, no CEIP O Coto, de 8:45 a 14:15 horas, e mailos obradoiros Diververán, de 10:30 a 13:30 horas na entrada ao Centro Sociocultural.


En xullo haberá dúas citas co Cultura a pé de rúa: O venres 3 con "Nono" (clow), ás nove da noite no parque do Coto, e o venres 31 con "Out of blue", un espectáculo aéreo, ás nove, no Coto. En agosto, o venres 7 con "C,est pas possible" (clow), ás nove da noite na praza do Concello.


En canto ás actuacións musicais, salientamos que a primeira cita será co concerto do grupo Broken Peach, o sábado 4 de xullo, ás dez da noite na praza das Brañas, con limitación de aforo. A segunda chega co "Rock na noite", o venres 17 de xullo, coa actuación do grupo Grilo e o grupo local Madame Gillotine, ás dez da noite no parque do Coto. E xa no mes de agosto e como un dos pratos fortes, o sábado 22 teremos a actuación da cantante Guadi Galego e mailas Pandereteiras da Mahía, a partir das oito da tarde na praza das Brañas. E no mes de setembro, o domingo 20 celebrarase o tradicional festival de Bandas de Música.


Entre as novidades figura o "Wakau urban fest", un festival de cultura urbana, durante todo o día, o venres 7 de agosto, no parque do Coto, con exhibicións e actuacións musicais. E varios serán os espectáculos alternativos como "Alegría sobre rodas", o venres 14 de agosto, ás sete da tarde, na praza das Brañas. En xullo, teremos a Festa do Apego, o venres 10 pola tarde no Refuxio de Covas.


No eido deportivo, este verán teremos varias andainas saudables (sábado 1 de agosto e o sábado 12 de setembro); a actividade de barranquismo no Ézaro, o sábado 15 de agosto, así como o III Open de Tenis Concello de Negreira (do 7 ao 13 de setembro), o primeiro Open de Pádel (do 7 ao 13 de setembro), e mailo XIV Día da Bicicleta, o sábado 19 de setembro.


Feira do Románico
Na súa décimo terceira edición, o Concello de Negreira mantén a cita para a primeira fin de semana de setembro (do 4 ao 6), con medidas de seguridade acorde á normativa sanitaria vixente.

Attachments:
Download this file (Cartaz.pdf)Cartaz.pdf
powered by social2s

Na semana conmemorativa do "Día da diversidade sexual" que se celebra este domingo 28 de xuño, na campaña Ser e sentir, da Deputación da Coruña, búscase que teñamos unha sociedade máis tolerante e igualitaria. E entre as palestras destaca a que leva por título "Tratamento informativo do colectivo LGTBQI+ nos medios de comunicación", coa participación de Ángela Fernández, Daniela Ferrández e Bárbara G. Vilariño.

 

"Por desgraza sigue habendo moitos estereotipos, moito tratamento non real e moita linguaxe non ben utilizada. O colexio ten unha guía de linguaxe inclusiva na que está este colectivo e outros moitos e aínda hai traballo por facer [...] Hai que afinar moitísimo os discursos, afinar a linguaxe, o tratamento e sobre todo, os estereotipos. Rachar con eses estereotipos, e digamos tamén facer mención, cando hai que facer mención á identidade e orientación sexual das persoas protagonistas das novas", segundo salienta Ángela Fernández, xornalista, docente e vecenllada ao Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia.

 

Para visualizala na súa totalidade, pódese facer a través do seguinte enlace:

 

https://www.youtube.com/watch?v=mhyfKy53-hU 

 

Recordade que todo o contido da campaña está dispoñible na web www.seresentir.gal 

powered by social2s

Corte1

O Servizo Municipal de Augas do Concello de Negreira informan dun corte de subministración o mércores día 1 de xullo, dende as 15:00 horas e que afectará á rede en: Zas; Gonte; Gándara; Maio Pequeno e Escola Unitaria de Aro.

 

A rede considerase en presión a tódolos efectos, xa que debido aos traballos de limpeza periódica do depósito, poderían levar menos tempo do previsto inicialmente. Ante calquera dúbida ou consulta poden chamar aos seguintes números de teléfono: 981 881 569 ou 626 986 941. 

O Servizo Municipal de Augas do Concello de Negreira informan dun corte de subministración o mércores día 1 de xullo, dende as 15:00 horas e que afectará á rede en: Zas; Gonte; Gándara; Maio Pequeno e Escola Unitaria de Aro.

A rede considerase en presión a tódolos efectos, xa que debido aos traballos de limpeza periódica do depósito, poderían levar menos tempo do previsto inicialmente. Ante calquera dúbida ou consulta poden chamar aos seguintes números de teléfono: 981 881 569 ou 626 986 941.

powered by social2s

Este martes 23 de xuño ábrese o prazo para solicitar a participación nos cursos de natación na piscina municipal ao aire libre, e mailos obradoiros Diververán 2020. A inscrición debe realizarse presencialmente na Delegación de Cultura e Deportes, na primeira planta da Casa da Cultura, en horario de 9 a 14 horas.

 

Os cursos de natación presentan unha novidade importante, pois tan só serán dun mes, entre o día 8 de xullo e mailo 8 de agosto, polas mañás.

- Grupo primaria (100 prazas), de 10:00 a 13:00 horas

- Natación para bebés (15 prazas), de 13:00 a 13:30 horas

 

Para a inscrición debe entregarse a ficha cuberta e mailo pago de 8 euros, coa recomendación de levar o prezo xusto.

 

No caso dos obradoiros Diververán, ofértanse 20 prazas limitadas en cada quenda, por orde de anotación, durante os meses de xullo e agosto polas mañás no Centro Sociocultural.

- Nados do 2015 a 2017 de 10:30 a 12:00 horas

- Nados de 2011 a 2014 de 12:00 a 13:30 horas

 

As familias interesadas deben anotarse antes do 30 de xuño de forma presencial, na Delegación de Cultura e Deportes, debendo entregar as fichas cubertas e mailo importe xusto de 15 euros por cada participante.

Attachments:
Download this file (Diververan.jpg)Diververán
Download this file (Natacion.jpg)Natación
powered by social2s