portada_ximnasia_Link03052019.jpgO Concello de Negreira, coa colaboración do Club Ximnasia Rítmica Compostela, organizan este sábado no pavillón de Pedra Mámoa, a terceira fase do II Torneo Interescolas, en horario de mañá; e mailo terceiro Torneo Vila de Negreira, en horario de tarde. O domingo pola mañá, terá lugar a VI Gala de Ximnasia Rítmica.

 

O evento, organizado polo Concello e mailo Club Ximnasia Rítmica Compostela, constitúe unha actividade consolidada no calendario deportivo do municipio. Este ano congregará no pavillón de Pedra Mámoa a máis de 900 ximnastas dispost@s a dalo todo nas diferentes categorías, con exhibicións con aros, mazas, pelotas, cinta ou cordas.

 

A programación do sábado comezará ás 10:00 horas co II Torneo Interescolas, que rematará ás 14:00 horas. Na terceira fase desta competición entre escolas de Negreira, Ourense e Abegondo, participarán un total de 400 ximnastas, procedentes de diferentes clubs de ximnasia de Galicia.

 

Ás 16:30 horas do sábado comezará o III Torneo de Ximnasia Rítmica ¨Vila de Negreira¨, que rematará ás 20:30 horas, e que contará coa participación de 300 ximnastas. Os torneos contarán cun xurado conformado por cinco membros. Para rematar a fin de semana, o domingo celebrarase a VI Gala de Ximnasia Rítmica, a partir das 11:30 horas, coas exhibicións de 280 ximnastas de Negreira e Santiago.

 

“En Negreira xa é un clásico acoller estas competicións. É de agradecer contar co Club Ximnasia Rítmica Compostela para este tipo de actuacións, que serven para impulsar as nosas deportistas”, segundo explicou Jorge Tuñas Caamaño, alcalde de Negreira.

 

niñas_web030519.jpg

0
0
0
s2sdefault