coro

Segundo a información da que dispón o Concello de Negreira por fontes sanitarias, o municipio leva varias semanas cunha clara incidencia da Covid-19 á baixa logo de terse estabilizado os contaxios superado o ecuador do mes de setembro.

 

Nos últimos días, a situación mantense cunha baixa incidencia, con menos de 15 casos activos, pese á proximidade e os vínculos sociais cos municipios de Ames e Santiago de Compostela, polo que cómpre seguir extremando as precaucións e lémbrase a importancia de manter as medidas de prevención: uso obrigatorio de máscara; distancia social e hixiene frecuente de mans, de cara a seguir minimizando a propagación da nova enfermidade entre a nosa veciñanza.

powered by social2s

Foto 1 Portada

Ponte Maceira e o Concello de Negreira celebran este xoves 1 de outubro o “Día de Los Pueblos Más Bonitos de España”, coincidindo co aniversario da fundación da Asociación de Los Pueblos Más Bonitos de España. A bandeira da Asociación ondea durante toda a xornada na fachada da Casa do Concello de Negreira, sendo este o primeiro ano que o municipio negreirés forma parte do selecto grupo, tralo acto de proclamación que tivo lugar o pasado 1 de agosto en Ponte Maceira.

 

Foto 21

 

O Alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, realizou a lectura do manifesto da asociación no salón de plenos do Concello ás 12h, destacando os valores da asociación, a importancia que ten o rural, como é o caso de Ponte Maceira e todo Negreira, así como a necesidade de superar as dificultades da situación que atravesamos neste 2020 traballando xuntos polo ben común.

powered by social2s

Foto

Unha das actuacións municipais que actualmente están en fase de execución é o proxecto de saneamento e pavimentado da rúa Carballiños, na contorna das Brañas. É unha mellora deseñada polo Concello para paliar os problemas que padece a veciñanza no tocante ás augas pluviais, de cara a súa recollida e posterior conexión coa rede municipal de pluviais, evitando que vaian parar á rede de augas residuais.

 

O proxecto conta cun investimento de 71.663 euros, está incluido dentro do Plan de Obras e Servizos (POS + 2019), financiado con fondos da Deputación da Coruña.

 

 

Unha vez executados os traballos de saneamento que ascenden a 28.243 euros, a empresa adxudicataria procederá o pavimentado final da rúa Carballiños coa aplicación dunha nova capa de rodadura con aglomerado en quente.

powered by social2s

foto1

O Concello de Negreira acaba de recepcionar un total de 1.750 máscaras, mediante 35 caixas de 50 unidades cada unha, nunha doazón que forma parte da campaña do Goberno de España en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), para a contención da pandemia da Covid-19, a través do envío xestionado pola Deputación da Coruña.

 

Esta axuda de material de protección estáse a entregar a tódolos concellos de menos de 20.000 habitantes, cun total de 117.000 unidades, cuxo reparto está fixado en proporción ao número de habitantes de cada municipio.

 

A prioridade establecida polo Goberno de España e maila FEMP é para o seu reparto entre os colectivos cidadáns máis desfavorecidos, xunto a empregados municipais de servizos como axuda no fogar, ou de limpeza e residuos sólidos.

powered by social2s

DSC 0019

A Casa da Cultura acolleu hoxe a presentación do Programa de emprego Mocidade 2020, para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX), o cal terá unha vixencia de 12 meses e que comeza a súa andaina dende mañá día 1 de outubro, sendo o Concello de Negreira o seu promotor, coa colaboración dos Concellos da Baña, Santa Comba e Val do Dubra. O proxecto conta cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia, que ascende a 369.492,32 euros, coa referedida finalidade de formación e aprendizaxe de 16 alumnos/as-traballadores/as.

 

Foto 2

 

Esta axuda enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, obxectivo específico 8.2.2, estando confinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89%.

 

O Programa de emprego "Mocidade 2020", contará con dúas especialidades formativas: Fábricas de albanelería e Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.

 

O acto de presentación contou coa participación do alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez; o rexedor da Baña, José Antonio Pereira Gil, e mailo alcalde de Santa Comba, David Barbeira. Tamén participaron na presentación, a directora de Mocidade 2020, Alicia Blanco Sande, e maila axente de Desenvolvento Local do Concello de Negreira, Sonia Ponte Esturao.

powered by social2s