carreira061118.jpgO maior evento deportivo de Negreira precisa do apoio e colaboración de toda a veciñanza para que a XXXIX Carreira Popular poida desenvolverse coas máximas garantías de seguridade dos corredores/as inscritas nas seis probas da gran festa do deporte na rúa, este domingo 11 de novembro.

 

Para iso é necesario respetar as prohibicións de estacionamento e circulación de vehículos nas rúas e estradas polas que transita o circuíto homologado pola Federación Española de Atletismo. Sempre seguindo as indicacións dos corpos de seguridade, dígase Garda Civil de Tráfico, Garda Civil, Policía Local, Protección Civil, así como os voluntarios que colaboran para o normal desenvolvemento da carreira.

 

O Concello lembra que dende a tarde do sábado quedará restrinxido o estacionamento en toda a rúa do Carme e maila rúa de Castelao, zona onde está situada a liña de saída e meta da Carreira Popular. Prégase aos residentes e visitantes, que retiren os seus vehículos antes da medianoite do domingo, pois avisarase ao guindastre para proceder a súa retirada.

 

O Concello de Negreira agradece de antemán, a colaboración da cidadanía, así como a colaboración das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de: Negreira; Ames; Muxía; A Pobra do Caramiñal; Mazaricos; Outes, Val do Dubra e Corcubión.

 

circuito091117.jpg

 

Horarios e rúas afectadas

 

1ª Carreira: 5.000 metros (1 volta)

Saída: 10:00 horas

Percorrido: Rúa de Castelao; Teresa Fabeiro; Rosalía de Castro; avenida das Brañas; Xanín; rotonda de Ceilán; comprexo deportivo de Pedra Mámoa; Parque Empresarial; avenida de Barcala; rúa da Cachurra; rúa do Carme e META na rúa Castelao.

Peche de control: 10:50 horas

 

2ª Carreira: 10.000 metros (2 voltas)

Saída: 10:50 horas

Percorrido: Rúa de Castelao; Teresa Fabeiro; Rosalía de Castro; avenida das Brañas; Xanín; rotonda de Ceilán; comprexo deportivo de Pedra Mámoa; Parque Empresarial; avenida de Barcala; rúa da Cachurra; rúa do Carme e META na rúa Castelao.

Peche de control: 12:05 horas

 

3ª Carreira: 1.200 metros. Categorías: Alevín e Infantil

Saída: 12:05 horas

Percorrido: Rúa de Castelao; Teresa Fabeiro; Rosalía de Castro, avda das Brañas; rúa da Cachurra; rúa do Carme e META na rúa Castelao.

 

4ª Carreira: 1.200 metros. Categoría Benxamín

Saída: 12:25 horas

Percorrido: Rúa de Castelao; Teresa Fabeiro; Rosalía de Castro, avda das Brañas; rúa da Cachurra; rúa do Carme e META na rúa Castelao.

 

5ª Carreira: 250 metros. Categoría Prebenxamín

Saída: 12:35 horas

Percorrido: Rúa do Carme e META rúa Castelao.

 

6ª Carreira 200 metros. Categoría Chupetes

Saída: 13:00 horas

Percorrido: Rúa de Castelao e META.

0
0
0
s2sdefault