alertalaranxa2.jpgO Concello de Negreira suspendeu as actividades deportivas no exterior nas súas instalacións municipais como campos de fútbol, ante as alertas laranxa e amarela, por temporal de fortes choivas e ventos na provincia da Coruña, unhas alertas activadas pola Xunta de Galicia, ás 12:00 horas de hoxe venres 9 de novembro, e que se prolongará ata a medianoite, con ventos superiores aos 100 quilómetros por hora, seguindo as indicacións da Secretaría Xeral para o Deporte, da Xunta de Galicia, que recomenda a suspensión das actividades deportivas no exterior.

powered by social2s

cartaz2010.jpgO grupo Sen Cancelas Teatro, de Santa Comba, presenta este sábado 10 de novembro no Auditorio do Centro Sociocultural, a súa montaxe ¨2010¨, creada e dirixida por Xan Solo en colaboración coas actrices e actores. A cita é a partir das 21:00 horas.

 

Sinopse

 

Un acontecemento real en abril do ano 2010 é o detonante deste traballo de ficción que se desenvolve tomando como partida ese suceso, no cal, os personaxes se coñecen entre si, nunha situación excepcional das súas vidas.

 

Duración: 60 minutos

Público recomendado: maiores de 12 anos

 

cartaz2.jpg

powered by social2s

carreira061118.jpgO maior evento deportivo de Negreira precisa do apoio e colaboración de toda a veciñanza para que a XXXIX Carreira Popular poida desenvolverse coas máximas garantías de seguridade dos corredores/as inscritas nas seis probas da gran festa do deporte na rúa, este domingo 11 de novembro.

 

Para iso é necesario respetar as prohibicións de estacionamento e circulación de vehículos nas rúas e estradas polas que transita o circuíto homologado pola Federación Española de Atletismo. Sempre seguindo as indicacións dos corpos de seguridade, dígase Garda Civil de Tráfico, Garda Civil, Policía Local, Protección Civil, así como os voluntarios que colaboran para o normal desenvolvemento da carreira.

 

O Concello lembra que dende a tarde do sábado quedará restrinxido o estacionamento en toda a rúa do Carme e maila rúa de Castelao, zona onde está situada a liña de saída e meta da Carreira Popular. Prégase aos residentes e visitantes, que retiren os seus vehículos antes da medianoite do domingo, pois avisarase ao guindastre para proceder a súa retirada.

 

O Concello de Negreira agradece de antemán, a colaboración da cidadanía, así como a colaboración das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de: Negreira; Ames; Muxía; A Pobra do Caramiñal; Mazaricos; Outes, Val do Dubra e Corcubión.

 

circuito091117.jpg

 

Horarios e rúas afectadas

 

1ª Carreira: 5.000 metros (1 volta)

Saída: 10:00 horas

Percorrido: Rúa de Castelao; Teresa Fabeiro; Rosalía de Castro; avenida das Brañas; Xanín; rotonda de Ceilán; comprexo deportivo de Pedra Mámoa; Parque Empresarial; avenida de Barcala; rúa da Cachurra; rúa do Carme e META na rúa Castelao.

Peche de control: 10:50 horas

 

2ª Carreira: 10.000 metros (2 voltas)

Saída: 10:50 horas

Percorrido: Rúa de Castelao; Teresa Fabeiro; Rosalía de Castro; avenida das Brañas; Xanín; rotonda de Ceilán; comprexo deportivo de Pedra Mámoa; Parque Empresarial; avenida de Barcala; rúa da Cachurra; rúa do Carme e META na rúa Castelao.

Peche de control: 12:05 horas

 

3ª Carreira: 1.200 metros. Categorías: Alevín e Infantil

Saída: 12:05 horas

Percorrido: Rúa de Castelao; Teresa Fabeiro; Rosalía de Castro, avda das Brañas; rúa da Cachurra; rúa do Carme e META na rúa Castelao.

 

4ª Carreira: 1.200 metros. Categoría Benxamín

Saída: 12:25 horas

Percorrido: Rúa de Castelao; Teresa Fabeiro; Rosalía de Castro, avda das Brañas; rúa da Cachurra; rúa do Carme e META na rúa Castelao.

 

5ª Carreira: 250 metros. Categoría Prebenxamín

Saída: 12:35 horas

Percorrido: Rúa do Carme e META rúa Castelao.

 

6ª Carreira 200 metros. Categoría Chupetes

Saída: 13:00 horas

Percorrido: Rúa de Castelao e META.

powered by social2s

obradoiro_22.jpgO xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, na provincia da Coruña, Isidoro Martínez Arca, asistía hoxe na Casa da Cultura de Negreira, á inauguración oficial do Obradoiro de emprego Xallas-Barcala-Dubra IV, acompañado polo alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño; da Baña, Andrés García Cardeso; a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, e mailo concelleiro dubrés, Óscar Blanco Tasende, responsábel da área de Deportes e Mocidade.

 

O Obradoiro está en operativo dende o pasado venres 2 de novembro, na súa sé, na Casa da Cultura, cun período de formación e traballo de nove meses, no que participan 20 persoas dos catro concellos. Oito, fano na rama de ¨Promoción turística local e información ao visitante¨, e doce, na de ¨Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción¨.

 

obradoiro_11.jpg

 

Separadamente da aprendizaxe, as prácticas do módulo de construcción servirán para desenvolver distintas melloras:

 

- Actuacións de mellora no Centro de Formación Escola-Obradoiro en Santa Comba.

- Actuacións de mellora na Casa da Cultura de Val do Dubra.

- Actuacións de mellora na Gardería de Val do Dubra.

- Actuacións de mellora no Centro de Formación de Val do Dubra.

- Actuacións de mellora no local social de Corneira na Baña.

- Actuacións de mellora no local social e antiga escola parroquial de Ordoeste na Baña.

- Actuacións de mellora Mantemento do local social de Campolongo en Negreira.

- Mantemento da fachada da Casa da Cultura en Negreira.

- Realización de beirarrúas da zona de Campos a Pedra Mamoa en Negreira.

- Mantemento do local social de Cobas en Negreira.

powered by social2s

turismo061118.jpgDende o 7 de maio até o 15 de outubro deste ano pasaron polo Punto de Información Turística do Concello de Negreira, un total de 7.440 persoas. Non é nin moito menos o número real de turistas nin peregrinos que chegan a Negreira, pois só unha mínima parte pasa por este punto informativo.

 

Destas 7.440 persoas, compre dicir que 3.398 foron cidadáns españois; 923 italianos; 566 de Alemaña; 489 franceses, e 447 portugueses, segundo os datos rexistrados polo persoal que atendeu este punto informativo dende maio a outubro.

 

A continuación detallamos mes a mes o número de persoas que realizaron consultas:

Maio – 905 dos que 873 era a primeira vez (96,46%)

Xuño – 1.091 dos que 1.045 era a súa primeira vez (95,78%)

Xullo – 1.255 dos que 1.187 era a súa primeira vez (94,58%)

Agosto – 1.857 dos que 1.826 era a primeira vez (98,33%)

Setembro – 1.531 dos que 1.495 era a primeira vez (97,65%)

Outubro – 801 dos que 772 foi a súa primeira vez (96,38%)

 

En canto aos principais motivos de consulta, a información sobre o Camiño de Fisterra, aloxamento específico e mailo selo do peregrinos, foron por esta orde os que coparon o interese dos visitantes que se achegaron polo Punto de Información, xunto co aloxamento xeral e servizos como supermercados.

powered by social2s