proteccioncivil_logo3.jpgA Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Xunta de Galicia, vén de dictar unha resolución mediante a cal concédelle ao Concello de Negreira, un equipamento consistente nun ¨remolque de emerxencias¨, destinado á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Negreira, que ve así, reforzado o seu equipamento para a atención en situación de emerxencias.

 

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admnistracións Públicas e Xustiza, da Xunta de Galicia, fixo pública unha resolución do 13 de novembro pola que resolve a adxudicación, en rexime de concorrencia competitiva, de equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

powered by social2s

O Concello de Negreira informa que a última analítica realizada á auga que mana da fonte de Vilachán, cuxa mostra foi tomada o pasado día 6 de novembro, deu un parámetro negativo, concretamente, o de bacterias coliformes totais, cun resultado de 3 unidades cada 100 mililitros .

 

Ante este resultado anormal, o laboratorio aconsella que se advirta á poboación que a auga da fonte de Vilachán non é potable ao cen por cen, e de feito, o Concello vai colocar un cartaz na fonte para informar á veciñanza.

 

O Concello sinala que dita fonte é sometida a analíticas da auga cada tres meses, e que os resultados sempre foron favorables, agás na última mostra. Por este motivo, dentro dun mes vaise repetir a análise para comprobar se segue dando este parámetro anormal.

powered by social2s

escolas161118.jpgO programa das Escolas Deportivas Municipais é un conglomerado de actividades extraescolares que se ofertan dende a Delegación de Cultura e Deportes para os nenos/as e adultos de Negreira. A oferta no noso concello consta das seguintes disciplinas: Atletismo; aerobic; fútbol sala; multideporte; ioga; patinaxe; pádel; predeporte; tenis; xadrez; ximnasia rítmica; ximnasia de maiores e ximnasia de mantemento.

 

Entre as disciplinas máis demandadas están o fútbol sala con 87 usuarios e a de ximnasia rítmica con 79 en canto a participantes escolares. Pádel ,con 79 usuarios e ioga con 76, son as máis demandas entre os adultos de Negreira.

 

As actividades son impartidas por trece monitores que son os responsables de dirixir e coordinador as distintas actividades, cuxo obxetivo principal é fomentar a practica deportiva entre os máis novos. En canto os adultos, a principal intención é a de mellorar o nivel físico e adquirir destreza nos distintos deportes.

 

A día de hoxe xa son moitos os nenos/as que comezaron nas Escolas Deportivas e que co paso dos anos conseguiron grandes resultados deportivos a nivel autonómico e nacional na súas respectivas modalidades.

 

Tamén cabe destacar a competición escolar nas distintas modalidades; así os equipos de fútbol sala das escolas que comezarán a competición o venres 23 de novembro, o equipo de baloncesto que vai pola segunda xornada da competición escolar, e os equipos de atletismo e xadrez que comezarán a súa competición a mediados de decembro.

 

En ximnasia rítmica tamén o pasado ano se acadaron grandes logros a nivel competición, posto que as nosas ximnastas coparon os primeiros postos no primeiro Campionato Inter-Escolas, no que esta tempada participaremos novamente.

powered by social2s

bandalarga201118.jpgO Concello de Negreira informa que a Xunta de Galicia vén de abrir unha nova convocatoria de axudas para posibilitar o acceso ao servizo de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas en zonas do rural galego.

 

Esta liña de axudas, enmarcada no Plan de Banda Larga 2020, conta cun orzamento inicial de 600.000 euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

 

As empresas e autónomos interesados poderán beneficiarse de subvencións de ata o 100% dos custos necesarios para o acceso a Internet de cando menos 30 Mbps , cun máximo de 20.000 euros por proxecto.

 

Achegamos un folleto explicativo, no que se resumen as principais características da convocatoria, para facilitar a difusión destas subvencións entre os posibles interesados.

 

FOLLETO

 

Para máis información sobre estas axudas poden acceder á seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR604A, ou ben poñerse en contacto coa Oficina de Banda Larga, a través da dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou chamando ao número de teléfono: 981 95 78 68, en horario de luns a venres, de 9:00 a 15:00 horas.

 

powered by social2s

trasnosezocos.jpgEste Nadal convértete nun trasno para que ningún neno e nena de Negreira quede sen o seu agasallo. É moi sinxelo, pois o programa Trasnos e zocos, en colaboración co Servizo de Voluntariado do Concello de Negreira, dan a oportunidade de colaborar nesta campaña solidaria.

 

No mes de decembro recibirás na túa conta de enderezo electrónico (email), unha carta na que un neno ou nena pedirá varios agasallos, dos que mercarás só un, por un valor inferior ou igual a 30€ e así, poder facelos felices.

 

Inscríbete e recibe máis información no seguinte enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou no número de teléfono: 687 054 635 (preguntar por Merche).

powered by social2s