cocheprotecivil.jpgA Deputación da Coruña destina este ano un total de 7.797,73 € a apoiar á agrupación de Protección Civil de Negreira, dentro das axudas publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia para un total de dezaito agrupacións de Protección Civil, quenes reciben o apoio da Deputación para dotarse de novos equipamentos, entre aqueles concellos de menos de 20.000 habitantes.

 

En total, a Deputación da Coruña inviste 110.486 euros en dúas liñas de axudas co obxectivo de “fomentar a importante labor diaria e o gran servizo público que prestan, especialmente no ámbito rural os voluntarios destes servizos”, segundo destacou hoxe o seu presidente, Valentín González Formoso.

 

O BOP publica hoxe a concesión dunha destas liñas de subvencións, dotada con 81.447,03 euros e que está destinada a financiar investimentos que se realicen durante o ano 2018.

 

Trece agrupacións de Protección Civil recibirán entre 4.000 e 12.000 euros para a adquisición de equipamentos, equipos e ferramentas necesarias para os rescates e intervencións, elementos de transporte, materiais de comunicacións ou equipamento informático e aplicacións móbiles.

powered by social2s

diputacion_coruna.jpgA mellora de servizos básicos é o principal destino dos fondos que recibirá o Concello de Negreira con cargo ao Plan Único (POS+2018).

 

Dende a súa creación no ano 2017, o Plan Único permite aos concellos unha flexibilidade total á hora de investir os fondos que lles asigna a Deputación da Coruña. «En lugar de propoñer unhas axudas específicas, a Deputación permite aos concellos escoller as súas prioridades», segundo explica o seu presidente, Valentín González Formoso, quen sinalou que a institución provincial «xoga un papel fundamental para axudar aos concellos a ofrecer máis e mellores servizos públicos fundamentais, financiando obras que moitas veces os municipios rurais non poderían acometer por si mesmos».

 

Neste sentido, o Plan Único permite paliar a carencia de axudas específicas para servizos que os concellos están obrigados a subministrar, coma as redes de sumidoiros ou o acceso aos núcleos de poboación, permitíndolles aos municipios destinar os fondos que estimen necesarios a estas actuacións.

 

O Concello de Negreira investirá 317.944,04 euros en dous proxectos:

 

1) Asfaltado e formigonado de pistas en San Vicente e outros.

2) Construcción dunha senda peonil entre A Barquiña e A Chancela.

powered by social2s

carreiraultimasemana.jpgO vindeiro luns 15 de outubro remata o primeiro prazo reducido a 6€ para formalizar a inscrición na XXXIX Carreira Popular de Negreira ¨A Clásica¨, do domingo 11 de novembro sobre un circuíto de 5 quilómetros ao que os corredores/as darán dúas voltas no caso da proba raiña de 10.000 metros, e unha soa volta na proba de 5.000 metros.

 

A partir do día 16 e ata o 31 de outubro o prezo é de 7€. Do 1 ó 7 de novembro o prezo de inscrición é de 10€.

 

Lembramos que os participantes poden facer efectiva a inscrición nunha soa carreira (5.000 ou 10.000 metros). Todos os participantes na «Clásica» recibirán unha bolsa do corredor composta por: bolsa de polyester; camiseta técnica; pastel; batido e bebida isotónica.

Incríbete xa en: http://emesports.es/eve…/xxxix-carreira-popular-de-negreira/

powered by social2s

vespa_aprazado.jpgO Scooter Run Negreira e mailo Concello decidiron aprazar ata novo aviso, o primeiro Encontro de vespas e lambrettas previsto para este sábado 13 de outubro, debido á previsión de mal tempo para devandita xornada do sábado na comarca de Barcala.

 

Segundo a organización, a idea é programar unha nova data para celebrar esta concentración de amantes das motos antigas e dos modelos citados para máis adiante, manténdose o programa de actos deseñado para a ocasión que inclúe sendos roteiros en moto polo noso concello, un xantar de irmandade, así como un concerto dun grupo musical e unha festa final nun establecemento da hostalaría de Negreira.

powered by social2s

sven.jpgEntre os máis de 6.000 peregrinos/as que no que levamos de ano pasaron pola Caseta de Información que o Concello de Negreira ten aberta ata o 15 de outubro na avenida de Santiago, este primeiro domingo do mes de outubro, tívemola agradable visita deste mozo chamado Sven, de Leipzig (Alemaña), quen aparte de solicitar información do Camiño de Fisterra-Muxía, achegouse a saudar a Cristina Ameijeiras, a persoa que a atende.

 

Sven comezou a sua pereginaxe en Leipzig, e non é a primeira vez que visita Galicia, nin tampouco Negreira, xa que Sven estivo varios anos vivindo na cidade de A Coruña e ten amizades en Cee. Por iso, tivo a ben facelo Camiño de Fisterra.

powered by social2s