defensapersoal.jpgO municipio de Negreira foi seleccionado pola Secretaría Xeral dá Igualdade para impartir un curso de defensa persoal e autocapacidade dirixido a mulleres, de oito horas de duración e impartido por membros das forzas e corpos de seguridade do Estado.

 

Trátase dun curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación ante diversas situacións, impartindo técnicas de prevención e autoprotección, cuxas datas de celebración son os sábados 10 e 17 de novembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

 

As prazas son limitadas, e para máis información hai que dirixirse ás oficinas do Centro de Información ás Mulleres (CIM), na pranta baixa da Casa do Concello, ou no número de teléfono: 981 886 320.

 

Esta actividade inclúese no acordo de colaboración entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias para conformar unha rede de entidades locais contra a violencia de xénero.

powered by social2s

somoscriminais.jpgA comedia Somos Criminais, o espectáculo do momento en Galicia, pechou o pasado venres no Auditorio do Centro Sociocultural o exitoso ciclo de monólogos do Concello de Negreira polo que na presente edición pasaron os cómicos Oswaldo Digón e Juan Muñoz, xunto aos dous protagonistas do fin de ciclo.

 

Os actores Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán, dramatizan nesta comedia sobre os crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, o crime familiar polas herdanzas, ou o asasinato por suxestión.

powered by social2s

O Concello de Negreira convoca aos empresarios do sector da hostalaría a unha xuntanza que terá lugar o martes día 6 de novembro, ás 21:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura (Carreira de San Mauro, nº 11), para abordar a organización dunha ruta das tapas, en continuidade co que se viña facendo nestes últimos anos entre bares, cafeterías e restaurantes da vila de Negreira.

 

O Concello, quen fará chegar aos interesados/as unha comunicación de forma individual, agarda a asistencia do maior número de profesionais do sector da hostalaría.

powered by social2s

meigas261018.jpgA Escola Municipal de Teatro baixo a dirección de Sandra Lesta, presenta este mércores 31 de outubro, ás oito da tarde, e na Casa do Concello, unha actuación na noite de defuntos cun arrepiante ¨Xuízo de meigas¨, con funcións en grupos de entre 15 e 20 persoas e diferentes pases: 20:00; 20:20; 20:40; 21:00; 21:20 e 21:40 horas.

 

Estades convidados/as a participar nunha actuación enmarcada na celebración da festa do Samaín, estando dirixida a maiores de 12 anos.  

powered by social2s

romanico251018.jpgUn grupo de estudantes de 2º de ESO do instituto Xulián Magariños participaron este luns nun roteiro polas igrexas románicas de Santa María de Paramos, en Val do Dubra; Santa Baia de Lañas, na Baña, e a de Santa María de Portor, en Negreira.

 

A ruta fíxose en autobús e foi guiada polo técnico municipal de Turismo, Eutropio Rodriguez, licenciado en Historia da Arte e en Fotografía Documental polo International Center of Photography de Nova York.

 

Na viaxe, falouse con gran interese por parte dos rapaces, das principais características do románico visibles en cada unha das igrexas, ademáis de comentar as súas posteriores reformas.

 

A igrexa de Paramos destaca polo seu románico rural do século XIII, conservando a súa cruz latina na planta e fermosas cruces antefixas, así como algún elemento de oratorios anteriores propios do prerrománico do século X. Por contra, a de Santa Baia de Lañas é un fermoso exemplo do románico da segunda metade do século XII, facilmente datable grazas ó descobremento dun Dolio, aerófono de barro dunha soa nota, recentemente nun dos seus canzorros.

powered by social2s