certameardeiro201218.JPGRaúl Gómez Pato, co poemario Residuos de chamas flamexando, presentado baixo o pseudónimo de Barca de tinta, e natural do concello de Brión, é o gañador do VII Certame de Poesía ¨Xosé M. López Ardeiro¨, cuxo fallo do xurado e entrega, tivo lugar esta tarde nun acto literario-musical celebrado no Auditorio do Centro Sociocultural, coa presenza do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, encargado de entregarlle o galardón cunha dotación económica de setecentos euros. Ángeles Madriñán González, con Animais e outros deuses, natural de A Estrada, foi a outra finalista, quen recibiu un premio de trescentos euros.

 

Cando o alcalde do Concello de Negreira, participou no acto, o secretario xeral de Políticas Culturais, Anxo Manuel Lorenzo Suárez, cuxo departamento colabora coa organización do certame de poesía na súa promoción e coa edición do poemario, e maila entrega de douscentos exemplares ao gañador. Dase a circunstancia, de que Raúl Gómez Pato foi finalista na edición de 2017 que gañou a teense, Claudia Castro.

 

O xurado, conformado por José Antonio Ponte Far, escritor e catedrático en Lingua e Literatura, xunto ao poeta Xulio López Valcárcel, e as profesoras María Rey e María López Sández, docentes do instituto Xulián Magariños, así como a avogada e poeta, Diana Varela Puñal, valorou a «unidade e alento poético, que non decae ao longo das páxinas, e a densidade conceptual».

 

Este acto cultural e social, rematou coa actuación da Coral da Universidade Sénior de Ferrol, chegada ata Negreira por mediación de José Antonio Ponte Far, membro deste coro ferrolán.

powered by social2s

ardeiro191218.jpgO Concello de Negreira convocou para o xoves día 20 de Nadal, ás 19:30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural, o acto do fallo do VII Certame de poesía "Xosé M. López Ardeiro", cuxo poemario gañador será editado e publicado pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral do Libro, facéndolle entrega de 200 exemplares ao autor ou autora. Ademáis, e por segundo ano consecutivo, o gañador opta a un premio económico por parte do Concello de Negreira de 700 euros para o primeiro premio, e de 300 euros para o finalista.

 

Os traballos, escritos en lingua galega, deben ser orixinais e inéditos; cunha extensión mínima de 350 versos e máxima de 700. Na presente edición, alcanzouse un número de 24 traballos presentados, entre os cales, o xurado elixiu a dous finalistas.

 

O xurado do VII Certame de poesía ¨Xosé M. López Ardeiro¨, está formado por José Antonio Ponte Far, escritor; Xulio López Varcárcel, poeta; María Rey e María Sandez, profesoras do instituto Xulián Magariños, e Diana Varela.

 

O acto contará coa asistencia do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño; e de Anxo M. Lorenzo Suárez, secretario xeral de Política Lingüística, da Xunta de Galicia. Para pechalo acto contarase coa actuación da Coral da Universidade Sénior de Ferrol.

powered by social2s

noel1.jpgA Aula da Rede CeMIT, no Centro Sociocultural de Negreira, acolleu hoxe sendas videoconferencias con Papa Noél, tanto para os 15 usuarios e usuarias do centro ocupacional da Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos Comarca de Barcala, como para un grupo de nenos e nenas, pertencentes ás escolas infantís de Aro e Lañas.

 

noel2.jpg

 

As videoconferencias con Papá Noél tiveron unha duración máxima de trinta minutos, durante as cales, houbo tempo para que falasen con Papá Noél e interesarse polas súas cartas e peticións de agasallos para estas festas do Nadal.

 

noel3.jpg

powered by social2s

O Concello de Negreira informa que os luns, días 24 e 31 de decembro, de 2018, cadrando coa celebración da Noiteboa e mailo Fin de ano, nas dependencias municipais da Casa do Concello só permanecerá aberto ao público, o Rexistro Xeral, en horario de 10 a 13 horas. As oficinas administrativas, e mailos servizos Sociais, de Emprego e de Urbanismo, permanecerán pechados ao público en xeral.

 

Igualmente, tamén permanecerán pechadas ao público as instalacións da Casa da Cultura e mailo Centro Sociocultural, nas xornadas do 24 e o 31 de decembro.

powered by social2s

cartelnadal2018.jpgO debuxo que foi elaborado polos nenos e nenas da Aula de 6º curso ´C´, de Infantil, do Colexio O Coto, é o gañador do Concurso de Cartaces que anuncia a programación navideña e felicita as festas de Nadal do Concello de Negreira.

 

Nosa noraboa a todos eles e a súa profesora polo traballo realizado, cuxo premio consiste nun vale agasallo por valor de 100 € para cambiar en comercios de Negreira.

 

Este galardón vailles ser entregado na tarde do día 5 de xaneiro, durante a celebración da Gran Cabalgada de Reis, na recepción que as súas Maxestades ofrecerán aos nenos e nenas do noso concello, no Pavillón do CEIP O Coto.

 

Attachments:
Download this file (cartelnadal2018.pdf)Cartel Nadal 2018
powered by social2s