Con data de 16 de marzo de 2011 formalizouse, entre a empresa “Excavaciones Agra Castro, S.L.”, CIF: B-15.490.527  e o Concello de Negreira,  o contrato da obra denominada  “Pavimentación de vías públicas en: Vilar de Ordoeste, Zas a Lameiro, Trece a Mayo Grande, Padín a límite con A Baña, Logrosa a Cepelo, carret/provincial a Alvite, coop. de Logrosa a O Bico y 
Ramal”  sendo o prezo do contrato o de cento cincuenta e tres mil seiscentos dezaseis euros con trinta e oito céntimos ( 153.616,38  euros) , IVE  incluido, o que se fai público en cumprimento do disposto polo artigo 138 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público modificado polo artigo primeiro punto vinte e cinco da Lei 34/2010, de 5 de agosto.

Negreira, 21 de marzo de 2011.
Alcalde-Presidente
Jorge J. Tuñas Caamaño

Data desta publicación: 21 de marzo de 2011.