1. Entidade adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Mancomunidade de Concellos do Tambre
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Concello de Negreira
c) Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello de Negreira.

1) Dependencia: Concello de Negreira
2) Domicilio: R/Carmen nº 3
3) Localidade e código postal: Negreira.- 15830
4) Teléfono: 981 885 250
5) Telefax: 981 885 328
6) Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
7)Dirección de internet do perfil de contratante: http://www.concellodenegreira.org/
8) Data límite de obtención de documentación e información: O prazo de presentación de proposicións será o de 8 días naturais a contar desde o seguinte ao da última das publicacións.
     A publicación do presente anuncio efecturase nos seguintes medios: BOP de A Coruña e Perfil de contratante ubicado na páxina web do Concello de Negreira: http://www.concellodenegreira.org/.

2. Obxecto do Contrato:

a) Tipo: Contrato de Subministro
b) Descrición: Contrato de subministro correspondente á “Camión recolector compactador destinado ao Servizo de Recollida de lixo da Mancomunidade de Concellos do Tambre”
c) Lugar de execución/entrega: O contratista estará obrigado a entregar os bens obxecto de subministro no tempo e lugar fixados no contrato.

d) Prazo de entrega: 3 meses
e) Admisión de prórroga: Non se contempla
3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: Urxente
b) Procedemento: Procedemento aberto con varios criterios de valoración
c) Criterios de adxudicación: os recollidos na cláusula 14.2 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación

4. Valor estimado do contrato:  112.000,00 euros
5. Orzamento base de licitación: 132. 160,00  euros

a) Importe neto 112.000,00 euros. Importe total 132.160,00 euros

6. Garantías esixidas
Provisional: Non se esixe
Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluido

7. Requisitos específicos do contratista

a) Clasificación: Non se esixe
b) Solvencia económica e solvencia técnica e profesional: acreditarase mediante os medios aos que se fai referencia no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a contratación.
c) Outros requisitos específicos
d) Contratos reservados.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación. O prazo de presentación de proposicións será o de 8 días naturais a contar desde o seguinte ao da última das publicacións.
     A publicación do presente anuncio efecturase nos seguintes medios: BOP de A Coruña e Perfil de contratante ubicado na páxina web do Concello de Negreira: http://www.concellodenegreira.org/.

b) Modalidade de presentación: En tres sobres pechados que conterán a documentación conforme se determina no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen esta contratación
c) Lugar de presentación

1. Dependencia: Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Negreira
2. Domicilio: R/Carmen nº 3
3. Localidade e código postal: Negreira. 15830
4. Dirección electrónica: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

9. Apertura de ofertas:
a) Dirección: Salón de Plenos do Concello de Negreira.- R/Carmen nº 3
b) Localidade e código postal: Negreira.- 15830
c) Data e hora: o vixésimo primeiro día hábil seguinte ó do remate da presentación de proposicións ás 12.00 horas. Se o día sinalado fose sábado a xuntanza celebraríase o día hábil seguinte á mesma hora. O lugar será o Salón de Plenos do Concello de Negreira.

Negreira, 27 de abril de 2011.
O Presidente
Jorge J. Tuñas Caamaño

Data desta publicación: 28 de abril de 2011.