1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Negreira
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
c) Dirección de internet do perfil de contratante: http://www.concellodenegreira.org/

2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato de xestión de servizos públicos.
b) Descrición: Servizo de depuración de augas residuais do Concello de Negreira.
Clasificación Nacional de Productos por Actividades (CPA-2002/PRODCOM).
c) Medio de publicación do anuncio de licitación: No Perfil de Contratante e BOP de A Coruña.
d) Data de publicación do anuncio de licitación: O 27 de outubro de 2010 e o 8 de novembro de 2010, respectivamente.

3.Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: Ordinaria.
b) Procedemento: Procedemento aberto con varios criterios de valoración.

4. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación:  10 de marzo de 2011.
b) Data de formalización do contrato: 1 de abril de 2011.
c) Contratista: “Espina & Delfín, S.L.” CIF: B-15026.693. 
d) Importe ou canon de adxudicación: A aportación en metálico a favor deste Concello para executar obras de implantación, aplicación e/ou mellora das infraestruturas de sumidoiros do termo municipal ou cara á depuración das augas residuais, foi por importe de  203.500,00 €.

Negreira, 19 de abril de 2011.
Alcalde-Presidente
Jorge J. Tuñas Caamaño

Data desta publicación: 20 de abril de 2011.