1.- Entidade adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención da información:
a).- Organismo: Concello de Negreira.
b).- Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
e).- Obtención de documentación e información: Secretaría.
1).- Dependencia: Casa do Concello
2).- Domicilio: R/Carmen n°3
3).- Localidade e código postal: Negreira.- 15830.
4).- Teléfono: 981-88 52 50.
5).- Telefax: 981-88 53 28.
6).- Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
7).- Dirección de Internet do perfil do contratante: http://www.concellodenegreira.es

2.- Obxecto do contrato:
a).- Tipo: contrato de xestión de servizos públicos.
b).- Descrición: contrato administrativo de xestión do servizo público, na súa modalidade de concesión, da piscina cuberta e climatizada municipal do Concello de Negreira
” Clasificación de Productos por Actividades CPA-2008/ 93.11.1 Servizos de xestión de instalacións deportivas.
c).- Lugar de execución: Negreira.
d).- Duración: 15 anos prorrogables, por 2 trienios sucesivos ata completar un máximo de 21 anos.

3.- Tramitación e procedemento:
a).- Tramitación: Urxente
b).- Procedemento: Procedemento aberto.
c).- Criterios de adxudicación: Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a presente contratación

4.- Garantías esixidas: Garantía provisional : 3% da achega municipal anual para  2014 prevista como máxima no prego de cláusulas administrativas particulares.
Garantía definitiva: 5% da achega municipal correspondente á oferta de licitación que resulte adxudicataria.

5.- Requisitos específicos do contratista:
a).- Clasificación, no seu caso (grupo, subgrupo e categoría): Non se esixe.
b).- Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, no seu caso:As esixidas consonte ó prego de cláusulas administrativas particulares.

6.- Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a).- Data límite de presentación: O prazo de presentación de ofertas será o de 8 días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña.
As publicacións do presente anuncio efectuaranse nos seguintes medios: BOP de A Coruña e perfil do contratante ubicado na páxina web do Concello: http://www.concellodenegreira.es
b).- Lugar de presentación:
1.- Dependencia: Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Negreira
2.- Domicilio: R/Carmen n° 3.
3.- Localidade e código postal: Negreira.- 15830.
4.- Horario: De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e os sábados 10.00 a 13.00 horas.

7.- Apertura de ofertas:
a).-Dirección: Salón de Plenos do Concello de Negreira.-R/Carmen n° 3
b).- Localidade e código postal: Negreira.-15830
c).- Data e hora: A apertura da documentación administrativa terá lugar o terceiro día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo para a súa presentación, excepto sábados.
     A hora desta xuntanza e circunstancias das que, con posterioridade, celebre a Mesa de Contratación, publicaranse no Perfil do Contratante.


Negreira, 20 de marzo de 2014.
Alcalde-Presidente
Juan José Rey Maceira

Data desta publicación: 20 de marzo de 2014