A Xunta de Goberno Local celebrada con carácter ordinario con data de 2 de xullo do corrente ano acordou aprobar o Prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación por procedemento negociado do Servizo de Axuda a Domicilio.         

De conformidade coa Cláusula Oitava.-  Anuncio e Perfil de contratante, das que integran o citado Prego fíxase o prazo de DEZ (10) DÍAS NATURAIS a contar dende o seguinte ó deste anuncio para a formulación de solicitudes de participación, as cales presentaranse en dous sobres pechados que conterán a documentación reflectida na Cláusula Décima das que integran o precitado Prego de cláusulas administrativas particulares.

O lugar onde se poden obter copias do Prego será a Secretaría do Concello de Negreira.- Concello de Negreira. R/Carmen nº 3.- 15830.- Negreira e na dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Negreira, 10 de xullo de 2014.
Alcalde-Presidente
Juan J. Rey Maceira


Data desta publicación: 14 de xullo de 2014.