Período Medio de Pago
A Xunta da Mancomunidade de Concellos do Tambre, como órgano de contratación do subministro correspondente a “Camión recolector compactador destinado ao servizo de recollida de lixo da Mancomunidade de Concellos do Tambre” acordou, con data 15 dos correntes, que a 2ª Mesa de Contratación teña lugar o próximo día 29 de setembro, xoves, ás 12.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Negreira, así coma que sexa a Deputación Provincial de A Coruña quen, nas súas funcións de asistencia ás entidades locais, designe o Comité de Expertos que ditaminará acerca da ponderación dos criterios contidos no prego que son obxecto dun xuizo de valor.
Negreira, 16 de setembro de 2011.O PresidenteJosé Blanco Pazos
Data desta publicación: 20 de setembro de 2011.