O alcalde do Concello de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, asinou este luns na sé da Deputación da Coruña, o convenio para o financiamento da Rede Cultural 2017 que comprende 16 actuacións no presente ano no noso concello, e un orzamento total de 48.697 euros, dos que 29.218 euros son aportados pola Deputación da Coruña.
No acto participaron o presidente provincial, Valentín González Formoso, e maila vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín.
Case tres millóns de euros move este ano a Rede Cultural, dos que 2.261.234 irán destinados á programación dos concellos da provincia. A esta cantidade aínda haberá que sumar o que a Deputación destina ás solicitudes das entidades sen ánimo de lucro, que ascenderá a 457.724 euros.
Valentín González Formoso salientou que por primeira vez aceptáronse tódalas solicitudes presentadas polos concellos da provincia.