Dacordo co establecido na disposición adicional terceira do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2004, de 5 de marzo, e de conformidade coa resolución da Dirección Xeral do Catastro publicada no Boletín Oficial do Estado do día 22 de febreiro de 2016, número 45, infórmase do comezo do periodo no que será de aplicación o procedemento de regularización catastral no concello de Negreira.

 

Este procedemento iniciarase de oficio nos supostos de incumprimento da obriga de declarar de forma compreta e correcta, as circunstancias determinantes dun alta ou modificación, coa fin de garantir a adecuada concordancia catastral dos bens inmobles coa realidade inmobiliaria.

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas suscribiu coa Sociedad Estatal de Gestión Inmobiliaria del Patrimonio, S.A. (SEGIPSA), a encomenda de xestión dos traballos relativos á incorporación de inmobles e alteracións.

A actualización do Catastro farase mediante a incorporación dos bens inmobles urbanos e rústicos con construcción e as súas alteracións (ampliacións e rehabilitacións), que non figuren no mesmo. Os traballos conlevarán, entre outros, a regularización de inmobles, construccións deportivas e divisións horizontais, a resolución de erros no cruzamento de bases de datos e a obtención de fotografías de parcelas necesarias para o procedemento.

A Lei do 27 de decembro de 2012 pola que se adoitan diversas medidas tributarias dirixidas á consolidación das finanzas públicas e ó impulso da actividade económica, incorporou o procedemento de regularización catastral á normativa reguladora do Catastro, mediante a autorización da encomenda de xestión dos traballos para o procedemento de regularización catastral 2013-2016.

Exclúe a aplicación de sancións polo incumprimento da obriga de declarar de forma compreta e correcta as altas e modificacións de bens inmobles. Sen embargo, conleva a aplicación da taxa de regularización catastral, co carácter de tributo estatal, cuxa cuantía é de 60 euros por inmoble.

Teléfono de liña directa do Catastro 902 373 635.

powered by social2s