O pazo de Albariña, de Varela ou do Capitán, Chancela (Logrosa)

Na parroquia de Logrosa, no lugar da Chancela, atópase o Pazo da Albariña.

Este pazo ten base medieval aínda que ten estilos engadidos de reformas que se fixeron ao longo do tempo. Formado por unha construción en forma de L e dúas alturas, posúe un torreón moi marcado e con grosos muros nun dos seus brazos.

Todo isto está rodeado por un belo xardín no que se atopa un pombal  e dous hórreos e a súa vez atópase rodeado por un gran muro de pedra no que se deixan ver pilares circulares na súa entrada.

Na actualidade é privado polo que non se pode acceder a el.

Pazo do Cotón e Capela de San Mauro

Esta fortaleza medieval sufriu importantes reformas, o que ofrece gran dificultade para definir as súas raíces medievais.

Cabe destacar a gran cheminea e a galería de pedra que se pode apreciar dende a rúa principal, “Carreira de San Mauro”, antigo Camiño Real. Esta galería une as dependencias do Pazo coa Capela de San Mauro por medio da súa triple arcada de pedra.

No seu interior pódense apreciar unha ducia de escudos de armas de familias de nome en Galicia.

É posible acceder ó Pazo durante A Feira do Románico que se celebra cada ano, situado no centro da Vila.

A Capela de San Mauro Sitúase no centro de Negreira atopamos o complexo histórico-artístico máis significativo da vila, a capela de San Mauro (San Amaro) e o Pazo de Cotón. Este conxunto relixioso foi construído no XVIII, con estrutura de tres naves.

A Capela é de planta rectangular e unha soa nave con dúas augas. Posúe una fachada sinxela composta por unha porta e sobre ela unha ventá horizontal e máis a dereita, outra ventá cadrada.

No seu interior posúe un retablo neogótico e varias imaxes, sendo as máis antigas as de Santa Lucía e San Amaro (esta última, de época barroca).

Ponte Maceira

Unindo os concellos de Ames e Negreira atópase esta ponte románica remodelada durante a Idade Media que sobrepasa o río Tambre.

Bela ponte medieval composta por un arco de medio punto central, peitoriles, lombo e arcos laterais.

Os seus paramentos son de sillares de granito moi escurecidos polos liques e fungos con talla regular na zona baixa, reducíndose a súa calidade cara aos tímpanos, onde se traballou con “sillarejo” e “mampuestos”.

A súa calzada é estreita, sen viarias e solado de “lajas” de pedra granítica ao estilo medieval.

No vértice central do taboleiro, sobre o arco dominante da ponte.

Igrexa de Campolongo

Igrexa parroquial de aire medieval, aínda que a súa data está sen definir.

Con planta rectangular e nave principal a dúas augas, conta cunha fachada sinxela na que se atopa a porta de entrada de madeira e enriba una ventá rectangular.

Non ten campanario, pero si ten unha especie de Espadana moi sinxela que sostén unha campá. 

Igrexa Parroquial e Virxe da Paz, en Arzón

A Capela parroquial de San Cristovo de Arzón é de planta rectangular e unha soa nave con cuberta a dúas augas. Espadana simple dotada dunha soa campá e culminado cunha cruz.

No seu interior atópase a Virxe da Paz. Unha talla de alabastro duns 60 Cm de altura de pé, sobre unha peaña octogonal. Leva un manto cruzado sobre o peito e coroa sobre o velo que lle cubre a cabeza. Sostén o neno e porta unha túnica que deriva dous sistemas composteláns so século XII e unha coroa de tradición románica (figuras do Mestre Mateo). O seu rostro persegue unha intención naturalista con matices que subliñan a nova sensibilidade gótica. Ben puidera tratarse dunha talla do século XV ou dun produto dunha arte popular e retardadora (século XVI).

Cruceiro de San Pedro de Xallas

Este cruceiro ten pousadoiro, decoración do pedestal e elegante capitel. Amosa un cruzado de liñas finas, outra figura abrazándose e unha Virxe que está a ser coroada por dous anxos de corpo enteiro, que parecen baixar do ceo.

Cruceiro de Landeira

Cruceiro formado por una plataforma de dous niveis circulares. A súa base cadrada contén unha hendidura.

Fuste simple e capitel ornamentado con adornos florais. Na súa cruz cuadrangular pódense contemplar duas figuras.