Fronte a igrexa sitúase o cruceiro de Bugallido realizado en pedra de granito.
Componse dunha cruz cuadrangular de brazos con chafláns, recruceta e remates florenzados con botón central.
O seu capitel é octogonal con astrágalo octogonal, liso e con follas de camelia. Base cuadrangular que remata en chafláns e fuste octogonal que comeza cadrado.
As figuras representadas son:
Un Cristo crucificado con tres cravos, inclinando a cabeza cara á dereita, mans abertas, coroa de espiñas e pano de pureza atado a dereita.
No reverso, represéntase a imaxe da Inmaculada cos dedos das mans entrelazados e sobre peana dun anxo con ás.
No Sueste do concello está a parroquia de Xallas. Nela, nun recinto parroquial composto por un cemiterio, cruceiro e unha igrexa, atopamos a Igrexa Parroquial de San Pedro de Xallas.
Igrexa de planta rectangular a dúas augas con fachada ornamentada. Espadana dun so corpo de campá con pilastras nos esquinais situada nunha esquina da fachada.