Ao Oeste do concello, antes de chegar a Campolongo, atopámonos coa parroquia de Alvite. Nela, temos o pracer de ver unha igrexa en bo estado.
Posúe unha fachada sinxela na que resalta a espadana dun só corpo de campás con pilastras nos esquinais e remate de pequena espadana sobre a cornixa entre pináculos de pirámides.
A Igrexa de Santa Olalla ou Baia de Logrosa é testemuña de arte desde as culturas prehistóricas e parece ter sido unha área intensamente romanizada. No seu adro acháronse sartegos antropoides.
Atópase unha pía bautismal que data dos séculos X-XI que caracterízase tanto polos temas dos seus gravados, uns debuxos con formas de animais, como pola técnica utilizada para a súa realización, a de reserva mediante cicel.
O seu arco triunfal, na capela maior, deprimido, é o seu único vestixio conservado do primitivo templo do medievo. Son importantes as súas columnas con capiteis vexetais esquemáticos e as súas bases áticas, detalles propios do modo de facer románico. No ano 1928 déronlle máis alto os muros para facer unha bóveda de tixolos, facendo que desaparecesen do exterior as solucións do románico.
No Sueste do Concello está a parroquia de Liñaio e nela podemos contemplar unha igrexa con fachada do século XVIII de porta de catro orellas e espadana sobre entaboamento de placas.
No interior, pódese ver prebisterio que conta cunha bóveda de crucería que a cobre, estrelado por terceles rectos, con catro puntas e nervios de sección mistilínea.
O seu retablo é totalmente pétreo e contén a imaxe de dous San Martiño (santo titular da parroquia): O Papa e o Bispo acompañados de outras tallas e elementos decorativos en granito policromados con perfeccións realizadas en espírito renacentista.
Ó sur do Concello, atopámonos coa Capela do Evanxeo. No seu interior existe un retablo da Virxe Peregrina realizado en granito policromado neoclásico.
Doutra banda, pertencente a arte medieval, atopamos a Cruz procesional de Lueiro, latina e florenzada, inscrita tamén no goticismo en a oirivería compostelá dos anos 1500.