romanico 1.jpgNa mañá deste venres presentouse oficialmente a XII Feira do Románico de Negreira. O acto tivo lugar na praza do Cotón ás 11h e nel o alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, avanzou algúns detalles da programación deste ano, se ben aínda non está pechada de todo.

 

O rexedor anunciou, entre outras cuestións, que haberá animación musical e teatral continua nas rúas e que desta volta se vai apostar especialmente polas actividades para nenos e nenas. Durante toda a fin de semana do 24 ao 26 de agosto haberá mercado de artesanía, campamentos e exposicións, exhibicións de cetrería, demostracións de voo e de oficios; entre outras propostas.

 

A Feira comezará o venres ás 18h, día no que pola noite haberá un espectáculo de lume. O sábado o mercado abrirá ás 11h e desenvolveranse actividades durante toda a xornada co colofón dun espectáculo pirotécnico á medianiote, seguido dun concerto de Wyrdamur. A despedida da Feira será o domingo arredor das 23h cun espectáculo musical e teatral de rúa.

 

Na súa intervención o alcalde insistiu na necesidade de que haxa un bo clima de convivencia. Fixo fincapé no cumprimento das normas e dos horarios para que o Románico manteña a súa esencia de mercado medieval, máis alá da festa nocturna que o rodea.

powered by social2s

contedores3.jpgNestes días estase procedendo á limpeza e lavado dos colectores de lixo nas zonas rurais de Negreira.

 

Dende o concello prégase a colaboración da veciñanza para que non depositen nada no interior dos colectores de residuos mentras vexan na súa zona os vehiculos adaptados para limpeza, xa que se precisa que os contedores esten baleiros para procer coas labores de lavado.

powered by social2s

rodeiro.jpgO delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou onte mércores 18 de xullo o centro IES Xulián Magariños de Negreira no que este novo curso se implantará un novo ciclo de FP de “Sistemas microinformáticos e redes” e que ofrece 30 prazas.

 

Na provincia da Coruña a oferta de novos ciclos chega ata os 30 con 523 prazas. Cómpre lembrar que este ano, entre primeiro e segundo ciclo, hai máis de 51.000 matriculados en ensinanzas de FP en Galicia.

 

A oferta que tamén avanza na cidade e comarca de Santiago é a implantación da FP dual xa que se ofertarán 6 ciclos deste tipo de formación con 97 prazas. Esta FP dual é unha aposta do departamento educativo da Xunta de Galicia para impulsar a empregabilidade dos titulados e para axustar a formación profesional ás necesidades dos sectores produtivos.

 

Amplíase ademais a oferta en ciclos en réxime ordinario e de adultos con importante demanda de emprego, como o caso da familia de Informática e comunicacións en Negreira e Santiago de Compostela.

powered by social2s

acto240718_2.jpgO vindeiro sábado, 28 de xullo, celebrarase un acto solemne de entrega dos restos de vítimas da represión franquista exhumados en Paramos (Val do Dubra). Trátase, en concreto, de José María Castelo Mosquera, Manuel Pena Camino, Vicente Peña Tarrasa e Manuela Teiga (esta última veciña de Zas - Negreira).

 

O evento terá lugar a partir das 12:30 no auditorio de Bembibre e despois haberá un xantar de confraternización no restaurante O Brañón (reservas no 981 88 90 00).

 

Esta iniciativa está impulsada polos concellos de Negreira e do Val do Dubra xunto coa Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.

powered by social2s

verancultural2018.jpgVén de presentarse a programación do Verán Cultural de Negreira 2018. Entre xullo e setembro a veciñanza poderá desfrutar dunhas 30 actividades de carácter festivo, cultural e deportivo.

 

Entre elas destacan o Nicrarock (13 de xullo), unha nova Noite en Vela (20 de xullo), o encontro de cultura psicodélica Galipsy (27-29 de xullo) a XVI Noite Folk (18 de agosto) a XII Feira do Románico (24-26 de agosto), a VII Gala da Maxia (31 de agosto) e o Festival de Bandas (16 de setembro).

 

Tamén hai propostas deportivas diversas. Alén dos cursiños de natación, os obradoiros Diververán e o campamento Respira; na segunda quincena deste mes desenvolveranse os campamentos deportivos da Deputación e a excursión ao Aquapark de Cerceda. Ademais, celebrarase o I Open de Tenis (14-21 de agosto), o I Torneo de Pádel (4-14 de setembro); o XII Día da Bicicleta (15 de setembro) e a XX Andaina Popular (22 de setembro).

 

Actividades variadas e para todos os públicos nas que non poden faltar actuacións musicais coma a de Mamá Cabra (15 de setembro); así como varias intervencións de Cultura a Pé de Rúa.

 

Na seguinte ligazón pódese consultar o programa completo.

 

powered by social2s