Cartaz_8M.jpg

A Asociación Galega de Matronas congratúlase da entrega do Premio 8 de Marzo, este xoves 7 por parte do Concello de Negreira, a Beni Castro Calvo, matrona da comarca de Barcala, nun  acto a desenvolverse no Auditorio de Negreira, a partir das sete da tarde.

 

Segundo indicou a Asociación Galega de Matronas: «Sentímonos dobremente orgullosas por esta distinción, xa que ademáis da merecida homenaxe pola traxectoria da nosa compañeira, trátase tamén dun galardón que axudará a destacar a profesión das matronas, sempre ao lado das mulleres», sinalou.

 

Dende fai tres anos, o Concello de Negreira instituiu este galardón que anualmente recoñece a labor dunha muller vencellada co noso territorio. Trátase dun acto aberto a toda a cidadía da comarca de Barcala. 

 

Portada_die.jpg

Celebrado o concurso infantil de disfraces das festas de Entroido 2019 do Concello de Negreira, ofrecémosvos o resultado final do certame celebrado no Auditorio do Centro Sociocultural, coa participación do alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, e a concelleira de Educación e Servizos Sociais, María Jesús Veiga Hortas, quenes acompañaron ás familias participantes.

 

Categoría A (1 a 6 anos):

 

1º clasificado.- Teo e Julieta Pedrouzo Riveiro, con Capitán pirata e princesa do mar.

 

2º clasificado.- Gael Barreiro Lodeiro, por Paiaso terrorífico.

 

3º clasificado.- Pedro e Rita Silva Noya, por Sr. e Sra. Potato.

 

Foto_die.jpg

 

Categoría B (7 a 16 anos):

 

1º clasificado.- Catuxa Sampedro Pereira, por A raiña do xeo.

 

2º clasificado.- Manuel e Aihnara Calo Gorgal, por Loriños de Negreira.

 

3º clasificado.- Lucia Mariño Garrido, por Chica just dance.

 

Foto2_die.jpg

A Secretaría Xeral de Emigración convoca as axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que carezan dos recursos suficientes para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar retorno a Galicia.


Beneficiarias


Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España se establezan na comunidade autónoma galega:


1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.


2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.

 

As persoas beneficiarias deberán ter a nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.

 

Requisitos:

 

a. Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de 3 anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España.

 

b. Non ter transcorrido máis de dous anos entre a data do retorno a España e a data de presentación da solicitude.

 

c. Estar empadroada e ter residencia nun concello da CA de Galicia.

 

d. Carecer de rendas ou ingresos suficientes, computándose como tales todo tipo de rendas, mesmo as axudas, públicas ou privadas, de natureza semellante as previstas nesta resolución, excepto a prestación económica por razón de necesidade (ancianidade e incapacidade). Entenderase como rendas ou ingresos suficientes os que non superen, en cómputo global, o IPREM, e relativos á renda per cápita da unidade familiar (1)

 

e. Carecer bens patrimoniais suficientes (mobles e/ou inmobles). (2)

 

Máis información no departamento de Servizos Sociais.

Mural.jpg

A estudante do IES Xulián Magariños, Alicia Romarís, gañadora do II Concurso de Pintura Mural Quen dixo medo?, a campaña de sensibilización contra a violencia de xénero da Área de Igualdade e Benestar da Deputación da Coruña, vén de rematar e plasmar  a  obra presentada ao concurso nunha parede de máis de catro metros de ancho e dous de alto.

 

O lugar escollido finalmente foi o Pavillón Municipal de Pedra Mámoa, espazo que cedeu e adaptou o Concello de Negreira para que a alumna do IES Xulián Magariños, puidese levar a cabo ou mural.

 

A autora do debuxo estivo arroupada por persoal do Concello, así como compañeiras e compañeiros do Equipo de Igualdade do instituto negreirés. A nosa noraboa polo premio e o traballo agora plasmado na parede exterior do pavillón de deportes. 

 

Mural_1.jpg

diadamuller2.jpg

Dende o Concello de Negreira queremos promover e facer ver aos nosos veciños que nós tamén nos sumamos ao movemento vencellado ao día de hoxe ca folga xeral polo Día Internacional da muller.

 

Hoxe e un día histórico porque, a pesar dos máis de 150 anos de loita pola igualdade, este é o segundo ano que a folga e legal, posto que a folga do ano pasado foi simbólica.

 

Como todos saben, o Concello de Negreira está moi vencellado ao momevento igualitario, de feito, onte día 7 de marzo, levouse a cabo a terceira gala do Premio 8 de marzo, onde este ano a homenaxeada foi Beni Castro.

 

O movemento feminista deixounos grandes persoaxes femininas, aquí unas poucas frases de algunas delas:

 

“He aprendido a aceptar el reto de hacer cosas que nunca antes he hecho. Crecer como persona y la comodidad nunca pueden coexistir juntos.” - Virginia Rometty., Directora executiva de IBM.

 

“Cuántas preocupaciones se pierden cuando alguien no decide ser algo, sino alguien.” -Coco Chanel., Fundadora de Chanel.

 

“No puedo decir si las mujeres son mejores que los hombres. Sin embargo, sí puedo decir sin dudar que no son peor.” -Golda Meir., Primeira muller ministra de Israel nada en 1898.

 

“La igualdad llegará cuando una mujer tonta pueda llegar tan lejos como hoy llega un hombre tonto.” -Estella Ramey., Psicóloga, endocrina e feminista.

DSC_0833.JPG

Un auditorio de Negreira ateigado de público, preferentemente mulleres da comarca de Barcala, rendeuse en aplausos e postos en pé, cando o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, entregoulle a Beni Castro, o Premio 8 de marzo, que anualmente recoñece a traxectoria e o labor dunha muller na súa faceta profesional e persoal.

 

Interviron entre outras, Yolanda Abruñeiras, unha das súas primeiras usuarias, e mais outras nais asistentes, así como compañeiras de profesión como Diana Luque, secretaria da Asociación Galega de Matronas, entidade á que pertence Beni, asistindo Angélica Núñez, matrona de Boqueixón, e María Teresa Moreira, matrona de Val do Dubra. Ademais, tamén participaron estudantes do equipo de Igualdade do instituto Xulián Magariños.

 

A concelleira da Muller, Mar García Vidal, e mailo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, deron paso a unha longa alocución da homenaxeada, quen tivo tempo para os agradecementos, e tamén, para deixar caer críticas e reflexións sobre a importancia do papel das mulleres.

DSC_1393.JPG

O Concello de Negreira aprobou a nova proposta para impulsar o emprego entre mozos e mozas da zona. No pleno ordinario do pasado luns 11 de marzo, deuse luz verde de forma unánime á solicitude dunha subvención á Consellería de Política Social para poñer en marcha un maior número de accións dirixidas á mocidade. O plan pretende mellorar a formación, o emprendemento e a ocupación da xuventude, así como fomentar a participación xuvenil no ámbito municipal e promover a educación non formal.

 

Esta proposta presentarase conxuntamente co Concello de Val do Dubra, co cal Negreira comparte necesidades nun espazo limítrofe, e co que xa colaborou anteriormente nesta materia obtendo uns bos resultados. “Cremos que é importante para ambas as administracións cooperar, como o fixemos ata agora, para levar a cabo labores locais que permitan a inserción da xente nova no mundo laboral”, explicou o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño.


A iniciativa, que estaría enmarcada dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX), inclúe formacións en novas tecnoloxías, idiomas, prospección empresarial, así como obradoiros para mellorar as habilidades nunha entrevista, entre outras accións. Todas estas actuacións están dirixidas a facilitar a inserción laboral deste sector da poboación.


Medidas para o Xacobeo 2021


No pleno tamén se aprobou a colaboración entre os Concellos de Negreira, A Baña e Val do Dubra, na solicitude conxunta das axudas para levar a cabo o proxecto “Val de vales, unha peregrinaxe polos sabores, o patrimonio e a natureza dos vales da Barcala e Dubra”. Un plan que forma parte do programa de dinamización do Xacobeo 2021 na zona.


Os traballos que se pretenden levar a cabo nese ámbito incluirían medidas de desenvolvemento e impulso de áreas rurais, de promoción do patrimonio artístico, natural e cultural da zona, así como de fomento da gastronomía local.

diputacion140319.jpg

A Deputación da Coruña e 74 concellos da provincia, entre eles o Concello de Negreira, estrean as súas renovadas sedes electrónicas, que permiten á cidadanía interactuar dun xeito máis áxil e intuitivo co seu concello ou coa Deputación sen horarios nin esperas, realizando xestións sen moverse do seu domicilio ou oficina e dun xeito completamente seguro.

 

A sedes electrónicas funcionan as 24 horas e durante os 365 días do ano e permiten realizar algúns trámites cotiáns ante a administración como o envío de solicitudes (inscrición en actividades, reserva de instalacións deportivas, solicitude de axuda a domicilio, licenzas de vados, ou subvencións…), ou a validación de documentos electrónicos ou a consulta de expedientes e notificacións.

 

Acceso máis simple

 

As novas sedes adaptánse á nova lexislación en materia de protección de datos e permiten o acceso identificándose con clave segura, polo que xa non será necesario instalar ningún software ou hardware adicional e os trámites poden realizarse dende calquer dispositivo móbil (ordenador, teléfono, tablet…).

 

A nova plataforma conta ademáis con máis certificados de autoservizo, como a posibilidade de xerar certificados de empadroamento.

 

A día de hoxe, os trámites realizados a través das sedes electrónicas da Deputación e os concellos da provincia, sumadas ás que proceden do Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR), xa superan as entradas efectuadas nos rexistros de forma presencial.

carrera150320192.jpg

Un total de trinta concellos da provincia da Coruña acollerán, ao longo do presente ano, outras tantas carreiras incluídas dentro da VII edición do Circuíto de Carreiras Populares “Deputación da Coruña”, que contan co apoio da Área de Deportes en colaboración coa Federación Galega de Atletismo. De todas elas, destaca a Carreira Popular de Negreira, unha das máis lonxevas en Galicia que acadará neste 2019 a súa corenta edición e que xa ten data confirmada: O domingo 10 de novembro.

 

CALENDARIO

 

O calendario completo no arquivo adxunto.

 

devesaanllares20032019.jpg

Visita organizada polo Concello de Negreira, a través da delegación de Cultura e Deportes para o domingo 7 de abril.

 

Hora de saída dende o Centro de Saúde as 08:30h e volta á hora de comer.

 

Localización da ruta

 

Realizamos esta ruta fluvial a orillas do río Xallas. Para iniciar a ruta dirixímonos á aldea de Castrelo.

 

Descrición da ruta

 

Ruta por sendeiros de pescadores a orillas do río Xallas, onde se atopa a Devesa de Anllares, no concello de Mazaricos. Este bosque é case unha milagre, un reduto que representa unha pequena mostra dos bosques autóctonos que no pasado poboaban o territorio atlántico galego. Iniciamos a caminata por unha pista de terra que descende á ribeira do río Xallas. Unha vez que acadamos o río internamonos no espeso bosque de galería. O recollemento do bosque e o susurro da auga nos conceden un ambiente moi calmo. O Xallas flúe por aquí moi calmo, por un terreo de escasa pendente entre o embalse da Fervenza e o embalse de Santa Uxía.