DSC_0833.JPG

Un auditorio de Negreira ateigado de público, preferentemente mulleres da comarca de Barcala, rendeuse en aplausos e postos en pé, cando o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, entregoulle a Beni Castro, o Premio 8 de marzo, que anualmente recoñece a traxectoria e o labor dunha muller na súa faceta profesional e persoal.

 

Interviron entre outras, Yolanda Abruñeiras, unha das súas primeiras usuarias, e mais outras nais asistentes, así como compañeiras de profesión como Diana Luque, secretaria da Asociación Galega de Matronas, entidade á que pertence Beni, asistindo Angélica Núñez, matrona de Boqueixón, e María Teresa Moreira, matrona de Val do Dubra. Ademais, tamén participaron estudantes do equipo de Igualdade do instituto Xulián Magariños.

 

A concelleira da Muller, Mar García Vidal, e mailo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, deron paso a unha longa alocución da homenaxeada, quen tivo tempo para os agradecementos, e tamén, para deixar caer críticas e reflexións sobre a importancia do papel das mulleres.

DSC_1393.JPG

O Concello de Negreira aprobou a nova proposta para impulsar o emprego entre mozos e mozas da zona. No pleno ordinario do pasado luns 11 de marzo, deuse luz verde de forma unánime á solicitude dunha subvención á Consellería de Política Social para poñer en marcha un maior número de accións dirixidas á mocidade. O plan pretende mellorar a formación, o emprendemento e a ocupación da xuventude, así como fomentar a participación xuvenil no ámbito municipal e promover a educación non formal.

 

Esta proposta presentarase conxuntamente co Concello de Val do Dubra, co cal Negreira comparte necesidades nun espazo limítrofe, e co que xa colaborou anteriormente nesta materia obtendo uns bos resultados. “Cremos que é importante para ambas as administracións cooperar, como o fixemos ata agora, para levar a cabo labores locais que permitan a inserción da xente nova no mundo laboral”, explicou o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño.


A iniciativa, que estaría enmarcada dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX), inclúe formacións en novas tecnoloxías, idiomas, prospección empresarial, así como obradoiros para mellorar as habilidades nunha entrevista, entre outras accións. Todas estas actuacións están dirixidas a facilitar a inserción laboral deste sector da poboación.


Medidas para o Xacobeo 2021


No pleno tamén se aprobou a colaboración entre os Concellos de Negreira, A Baña e Val do Dubra, na solicitude conxunta das axudas para levar a cabo o proxecto “Val de vales, unha peregrinaxe polos sabores, o patrimonio e a natureza dos vales da Barcala e Dubra”. Un plan que forma parte do programa de dinamización do Xacobeo 2021 na zona.


Os traballos que se pretenden levar a cabo nese ámbito incluirían medidas de desenvolvemento e impulso de áreas rurais, de promoción do patrimonio artístico, natural e cultural da zona, así como de fomento da gastronomía local.

diputacion140319.jpg

A Deputación da Coruña e 74 concellos da provincia, entre eles o Concello de Negreira, estrean as súas renovadas sedes electrónicas, que permiten á cidadanía interactuar dun xeito máis áxil e intuitivo co seu concello ou coa Deputación sen horarios nin esperas, realizando xestións sen moverse do seu domicilio ou oficina e dun xeito completamente seguro.

 

A sedes electrónicas funcionan as 24 horas e durante os 365 días do ano e permiten realizar algúns trámites cotiáns ante a administración como o envío de solicitudes (inscrición en actividades, reserva de instalacións deportivas, solicitude de axuda a domicilio, licenzas de vados, ou subvencións…), ou a validación de documentos electrónicos ou a consulta de expedientes e notificacións.

 

Acceso máis simple

 

As novas sedes adaptánse á nova lexislación en materia de protección de datos e permiten o acceso identificándose con clave segura, polo que xa non será necesario instalar ningún software ou hardware adicional e os trámites poden realizarse dende calquer dispositivo móbil (ordenador, teléfono, tablet…).

 

A nova plataforma conta ademáis con máis certificados de autoservizo, como a posibilidade de xerar certificados de empadroamento.

 

A día de hoxe, os trámites realizados a través das sedes electrónicas da Deputación e os concellos da provincia, sumadas ás que proceden do Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR), xa superan as entradas efectuadas nos rexistros de forma presencial.

carrera150320192.jpg

Un total de trinta concellos da provincia da Coruña acollerán, ao longo do presente ano, outras tantas carreiras incluídas dentro da VII edición do Circuíto de Carreiras Populares “Deputación da Coruña”, que contan co apoio da Área de Deportes en colaboración coa Federación Galega de Atletismo. De todas elas, destaca a Carreira Popular de Negreira, unha das máis lonxevas en Galicia que acadará neste 2019 a súa corenta edición e que xa ten data confirmada: O domingo 10 de novembro.

 

CALENDARIO

 

O calendario completo no arquivo adxunto.

 

devesaanllares20032019.jpg

Visita organizada polo Concello de Negreira, a través da delegación de Cultura e Deportes para o domingo 7 de abril.

 

Hora de saída dende o Centro de Saúde as 08:30h e volta á hora de comer.

 

Localización da ruta

 

Realizamos esta ruta fluvial a orillas do río Xallas. Para iniciar a ruta dirixímonos á aldea de Castrelo.

 

Descrición da ruta

 

Ruta por sendeiros de pescadores a orillas do río Xallas, onde se atopa a Devesa de Anllares, no concello de Mazaricos. Este bosque é case unha milagre, un reduto que representa unha pequena mostra dos bosques autóctonos que no pasado poboaban o territorio atlántico galego. Iniciamos a caminata por unha pista de terra que descende á ribeira do río Xallas. Unha vez que acadamos o río internamonos no espeso bosque de galería. O recollemento do bosque e o susurro da auga nos conceden un ambiente moi calmo. O Xallas flúe por aquí moi calmo, por un terreo de escasa pendente entre o embalse da Fervenza e o embalse de Santa Uxía.

 

pel20032019.jpg

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria de axudas das liñas de axuda do Plan de Emprego Local (PEL) para a anualidade 2019, dirixidas a pequenas, medianas empresas, microempresas e autónomos/as. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende mañá xoves, 21 de marzo, ata o 22 de abril de 2019 ás 14:00h

 

PEL-PEMES subvenciona ata o 75% na contratación de persoal

 

A liña PEL-PEMES subvencionará ás pemes situadas nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña para a contratación laboral dunha persoa en situación de desemprego durante un período de 12 meses. A Deputación financiará o 75% do soldo e a Seguridade Social do/a traballador/a contratado/a, ata un máximo de 16.500 euros anuais.O período de contratación subvencionable abarca desde 1 de xaneiro de 2019 e ata un máximo de dous meses posteriores á data de concesión das axudas.

 

Habilítase tamén unha liña PEL-PEMES Mantemento, que subvencionará as contratacións laborais indefinidas das entidades subvencionadas na convocatoria anterior do programa, de maneira que os beneficiarios da convocatoria anterior poidan optar a unha nova axuda para manter o posto de traballo creado en 2018 durante 12 meses máis, financiándose o 50% do soldo e seguridade social cun importe máximo da axuda de 11.000 euros. 

 

PEL-Emprende, axudas para investimentos e actividades

 

Na liña PEL-Emprende Investimento financiaranse a realización de investimentos en bens inventariables novos e necesarios para o desenvolvemento da actividade en empresas cunha antigüidade máxima de 5 anos.  As axudas cubrirán ata o 80% do investimento, cun máximo de 20.000 euros de axuda a fondo perdido, para a compra de aplicacións informáticas, maquinaria, utillaxe, mobiliario e equipos para procesos de información.

 

Na liña PEL-Emprende Actividades contémplanse axudas para subvencionar as actividades e/ou actuacións no desenvolvemento da iniciativa empresarial nos ámbitos de Responsabilidade Social Empresarial, Marketing, comunicación, competitividade e expansión  en empresas cunha antigüidade máxima de 10 anos. As axudas cubrirán ata o 80% do orzamento da actividade, cun máximo de 4.800 euros.

 

Os investimentos e as actividades subvencionadas nas liñas PEL Emprende, deberán ser realizadas no período comprendido entre 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.

 

Pódese consultar as bases reguladoras no Boletín Oficial da Provincia nº 45 do día 6 de marzo de 2019 e na páxina web da Deputación da Coruña

 https://emprego.dacoruna.gal.

tandiferentes.jpg

O 21 de marzo de cada ano, e dende o 2012, aínda que se descobreu no 1959, celébrase este día da Síndrome de Down, para visibilizar e sensibilizar á sociedade.

 

O motivo de que se celebre cada 21 de marzo non é por aletoriedade nin capricho, esta condición humana, que está presente en todo o mundo dáse cando se triplica o cromosoma número vinte e un (mes 3, dia 21).

 

O lema para este ano 2019 é “Non deixar a ninguén atrás” como reivindicación para sensibilizar á sociedade sobre os problemas de inxerción a todolos niveis sociais dos individuos afectados por esta condición.

 

O axenda da ONU para o Desarrollo Sostible para 2030 abranxe a meta de que todos os individuos con esta afeción teñan as mesmas oportunidades e haxa una igualdade social completa para con estas persoas afectadas, entre outras metas.

 

O Concello de Negreira súmase a campaña de Down Galicia e, nesta data tan sinalada, pon en marcha una campaña de visibilización repartindo carteis e facendo agasallo dunhas pulseiras con motivo deste día aos alumnos da Escola Municipal de Música.

escola_musica_dia_down_21032019.jpg

punto_de_atencion_peregrinos.jpg

A Deputación da Coruña vén de aprobar, a través do Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego, a concesión provisional de subvencións do programa DP0029, dirixido aos concellos e agrupacións de concellos da Coruña de menos de 50.000 habitantes para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo durante o ano 2019.

 

Ao Concello de Negreira, en agrupación cos da Baña e Val do Dubra, se lle concede unha achega económica de 11.920 euros para facer fronte aos gastos de contratación dun informador/a turístico para a tempada de verán 2019 cando se produce a maior afluencia de peregrinos polo Camiño de Fisterra, sendo Negreira a porta de entrada.

 

Entre as súas tarefas está a coordinación do Punto de Información que o Concello ten na avenida de Santiago, cuxa apertura producirase no mes de maio.

 

 

 

deportes_Instalacion_piscina_municipal.jpg

As subvencións, por importe de 306.000 euros, servirán para a contratación de socorristas durante a tempada estival

 

A Deputación da Coruña destina 306.000 euros para financiar a contratación de socorristas nas piscinas municipais e praias fluviais de 43 concellos da provincia con menos de 50.000 habitantes.

 

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o importe concedido a cada un dos municipios solicitantes, con achegas económicas que oscilan entre os  3.500 e os 9.800 euros por concello, e que se destinarán á contratación de socorristas durante a tempada estival por un periodo máximo de tres meses. Xunto co programa de limpeza de praias, supón a creación de arredor de 300 empregos na provincia durante o verán. 

 

Os concellos que contarán con servizo de socorrista subvencionado pola Deputación este ano son, entre outros, A Baña, Ames, Brión, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra.

 

O orzamento para Negreira é de 7.000,00€.

 

quema_agricola.jpg

Debido ás altas temperaturas, a Xunta tomou a decisión de prohibir dende hoxe e ata novo aviso, as labores de queima de restos agrícolas e forestais en Galicia.

 

Esta medida repítese ano tras ano na temporada de calor, esta actuación responde ó estudo que Medio Rural observou segundo a evolución meteorolóxica para os próximos días, con temperaturas que se manteran mesmo incrementaránse nalgúns puntos da comunidade.

 

Os permisos, anulados

 

Esta medida da Xunta, tamén afecta aos veciños que tiveran permisos xa concedidos, xa que logo, estas comunicacións e autorizacións carecen de validez dende o momento da prohibición.

 

A conselleria manterá activado o telefóno gratuito 085 para que calquer particular poida chamar no caso de detectar calquer tipo de incidente desta índole.